Alexandre Nevski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Icona de Alexandre Nevski

Alexandre Nevski nado o 30 de maio de 1220 e finado o 14 de novembro de 1263. Foi Gran Príncipe de Novgorod e Vladimir.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do Gran Príncipe Yaroslav, liderou aos rusos na batalla do río Neva en 1240, onde derrotou de xeito decisivo aos suecos no seu intento de invadir Rusia. O alcume Nevski fai memoria desa vitoria fundamental. Atallou tamén cun exército de infantería a carga da famosa cabalería de Orde Teutónica na batalla do lago Peipus, onde infrinxiu unha abraiante derrota aos cabaleiros teutóns.

Ante a ameaza mongol, soubo concitar habilmente as simpatías da dinastía de Jochi, apesares de terse negado a realizar a cerimonia de homenaxe aos devanceiros mongois. Consistía esta cerimonia en camiñar entre lumes e postrarse ante a efixie dos antepasados dos invasores. Nevski respondeu con enteireza que el só se postraba perante o Deus de Xesúscristo. Chegou a ter unha grande amizade con Sartaq, o fillo de Batu Khan, quen o puxo ao fronte de Vladimir.

Distinguiuse polo seu goberno xusto e prudente e a defensa do feble e o desvalido. As súas relacións de vasalaxe cara a Horda de Ouro permitíronlle evitar a aniquilación da civilización rusa.

Significación[editar | editar a fonte]

Está considerado como un dos pais da patria rusa. Catarina I de Rusia creou a Imperial Orde de Alexandre Nevski o 21 de maio de 1752, como recoñecemento ao mérito patriótico e militar. Paradoxalmente os soviéticos, ameazados polo avance do exército nazi en 1942, recuperaron esta condecoración.

A Igrexa Ortodoxa venérao como santo.