Principado de Vladímir-Súzdal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Владимиро-Суздальское княжество
Vladímiro-Súzdalskoe knyázhestvo
Principado de Vladímir-Súzdal

11571363
Capital Vladímir
Lingua ruso
Relixión ortodoxa
Goberno Monarquía absoluta
Historia
 • Establecido 1157

O Principado de Vladímir-Súzdal, Gran Ducado de Vladímir-Súzdal (en ruso: Влади́миро-Су́здальское кня́жество) ou Rus de Vladímir-Súzdal (Влади́мирско-Су́здальская Русь) foi un dos grandes principados que sucederon á Rus de Kiev como principal potencia eslava desde finais do século XII até as postrimerías do século XIV. Considerado tradicionalmente como o berce da lingua e a nacionalidade rusas, Vladímir-Súzdal evolucionaría gradualmente até transformarse no Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova.

Inicios[editar | editar a fonte]

A mediados do século XII a Rus de Kiev desintegrouse en varios pequenos principados independentes. A parte sur da Rus, castigada por tribos nómades e debilitada polas constantes discordias internas entre os príncipes, pouco a pouco acabou perdendo a súa grandeza. Entón, o centro da vida política e económica trasladouse ao nordeste, á conca superior do río Volga.

O principado ocupou un vasto territorio no nordeste da Rus de Kiev limitado, aproximadamente, polos ríos Volga, Oka e Dviná Setentrional. No século XI a capital local foi Rostov a Grande, e as principaies cidades eran Súzdal, Iaroslavl e Belozersk. Nesta época, as terras entre o Oka e o Volga, tamén coñecida como Rus Zalésskaya, quedaban na periferia da Rus de Kiev. As súas terras, ricas desde o punto de vista agrícola, con numerosos ríos, regatos e arroios, bosques e prados, só comezaba a poboarse. Ningún dos príncipes de Kiev se interesaban por elas.

A veneración da Theotokos como santa protectora de Vladímir foi introducida polo príncipe André.

Vladímir II Monómaco, ao asegurar os seus dereitos ao principado en 1093, trasladou a capital de Rostov a Súzdal. Quince anos máis tarde (1108), fortaleceu e reconstruiu a cidad de Vladímir, na marxe abrupta do río Kliazma, a 31 km ao sur de Súzdal.

Á morte do príncipe, en 1125, esta terra separárase da Rus do Sur, e o seu fillo Iuri Dolgoruki convértese no seu primeiro príncipe. Trasladou a sede do principado a Vladímir en 1157. Los boiardos de Rostov e Súzdal, porén, eran reacios a perder a supremacía, e produciuse unha breve guerra civil. É a época en que se produciu a activa colonización das tierras nororientais, nas que o novo príncipe tuvo gran participación, construíndo cidades, igrexas e mosteiros.

Porén, o príncipe non perdía as esperanzas de ocupar o trono de Kiev e mantiña constantes guerras polo gran principado. Nunha destas batallas Iuri Dolgoruki logrou ocupar Moscova (1147), daquela unha aldea que pertencía o boiardo Stepán Kuchka. En 1156, en Moscova, por orde de Iuri, constrúese unha fortificación de madeira e un foxo ao seu redor.

A mediados do século XII, cando as terras meridionais da Rus foron sistematicamente asaltadas por nómades túrquicos, a súa poboación comezou a emigrar cara ao norte. No que anteriormente eran zonas boscosas, coñecidas como Zalesye (é dicir, Transbosquia), establecéronse numerosos asentamentos novos.

A fundación de Pereslavl, Kostromá, Dmítrov, Moscova, Iúriev-Polski, Úglich e Tver atribuíronse (polos cronistas ou a lenda popular) a Iuri Dolgoruki. As principais cidades do principado de Súzdal eran, nesta época, Rostov, Iaroslavl, Súzdal, Vladímir, Tver, Nizhni Nóvgorod e Moscova.

En 1155 o príncipe Iuri alcanza a súa meta e convértese no gran príncipe de Kiev, pero dous anos máis tarde foi envelenado polos boiardos desta cidade.

Desenvolvemento do principado[editar | editar a fonte]

Igrexa da Asunción en Vladímir; foi construída en 1158-1160 e funcionou como igrexa nai de Rusia no século XIII.

André Bogoliubski chamado André o Pío, ou Piadoso, fillo de Iuri Dolgoruki, fora enviado polo seu pai ao norte e invitado polos boiardos do lugar a gobernar estes territorios. É a André a quen debe outorgarse o mérito de levar ao principado de Vladímir ao seu cénit do poder político. André foi un gobernante singularmente dotado, que tratou con desdén aos antigos centros de poder como Kiev. Despois de queimar Kiev en 1169, rexeitou aceptar o trono desta cidade e, en lugar diso, entronizoi ao seu irmán menor, Gleb de Kiev. A súa capital de Vladímir foi para el unha preocupación moito maior, embelecéndoa con igrexas e mosteirio de pedra branca. Andrei foi asasinado polos boiardos na súa residencia suburbá de Bogolyúbovo en 1174.

Despois dun breve interregno, o irmán de André, Vsévolod III asegurou o trono. Continuou a maior parte das políticas do seu irmán, e de novo someteu a Kiev en 1203. O principal inimigo de Vsévolod, porén, foi o meridional Principado de Riazán que, segundo parece, suscitou discordias dentro da familia principesca, e o poderoso estado túrquico da Bulgaria do Volga, que limitaba con Vladímir-Súzdal polo leste. Despois de varias campañas militares, Riazán ardeu até os alicerces, e os búlgaros víronse obrigados a pagar tributo.

A morte de Vsévolod en 1212 provocou un serio conflito dinástico. O seu fillo maior, Constantino, obtivo o apoio dos poderosos boiardos de Rostov, e Mstislav o Calvo de Kiev, expulsou ao herdeiro lexítmo, o seu irmán Iuri, de Vladímir a Rostov. Só seis anos despois, á muote de Constantino, logroi Iuri regresar á capital. Iuri foi un despiadado gobernante que derrotou decisivamente á Bulgaria do Volga e instalou ao seu irmán Iaroslav en Nóvgorod. O seu reinado, porén, acabou en catástrofe, cando as hordas mongois ás ordes de Batu Khan tomaron e queimaron Vladímir en 1238. Despois os mongois devastaron outras das principais cidades de Vladímir-Súzdal durante a invasión mongol de Rusia.

Xugo mongol[editar | editar a fonte]

Nin Vladímir nin ningunha das cidades máis antigas lograron recuperarse tras a invasión mongol. O principado rapidamente desintegrouse en once pequenos principados: Moscova, Tver, Pereslavl, Rostov, Yaroslavl, Úglich, Belozersk, Kostromá, Nizhni Nóvgorod, Starodub del Klyazma e Yúriev-Polski. Todos eles recoñeceron nominalmente a soberanía do Gran Príncipe de Vladímir, quin era nomeado polo propio Gran Khan. Incluso o popular Alexandre Nevski de Pereslavl tivo que acudir á capital do Gran Khan en Karakorum para ser instalado como Gran Príncipe en Vladímir.

A finais do século, só tres cidades, Moscova, Tver e Nizhni Nóvgorod, aínda loitaban polo título de Gran Príncipe de Vladímir. Os seus gobernantes, unha vez instalados como grandes príncipes de Vladímir, nin sequera se preocupaban en deixar a súa capital respectiva e establecerse permanentemente en Vladímir.

E cando o metropolita Pedro (Metropolita de Kiev e Toda a Rusia) trasladou a súa sede de Vladímir a Moscova en 1325, quedou claro que o Gran Ducado de Moscova sucedera con éxito a Vladímir como centro principal do poder na Rus nororiental.

Grandes príncipes de Vladímir-Súzdal[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]