Boris Godunov
| Boris Godunov | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 1551 | ||
| Lugar: | ?, Rusia | ||
| Falecemento: | 23 de abril de 1605 | ||
| Lugar: | Moscova, Rusia | ||
| Organización: | |||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Tsar de Rusia desde 1598 ata 1605 | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | |||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Boris Fiódorovich Godunov (en ruso: Борис Фёдорович Годунов), nado en 1551 e finado o 23 de abril de 1605, foi un nobre ruso, rexente de facto de Rusia desde 1584 ata 1598 e posteriormente converteuse no primeiro tsar non pertencente a dinastía Rurik, exercendo o poder desde 1598 ata a súa morte no 1605.
Índice |
Primeiros anos [editar]
Boris Godunov era un famoso membro dunha antiga, agora extinguida, familia rusa de orixe tártaro, que chegou de Kostroma a comezos do século 14 d.C, a través do príncipe tártaro Chet, que fundou o mosteiro Ipatiev en Kostroma. Boris era fillo de Feodor Ivanovich Godunov e da súa esposa Stepanida. O seu irmán maior Vasili morreu de neno. A carreira de Godunov comezou na corte de Iván IV. No ano 1571 entrou a formar parte da oprichnina.
No 1571 consolidou a súa posición na corte mediante a unión con María, filla de Maliuta Skurátov. En 1580 o tsar, elixe a Irene, irmá de Boris, para que sexa a esposa do seu fillo o tsarévich Teodoro de 14 anos de idade. No seu leito de morte, Iván IV designou un consello formado por Boris, Fiodor Nikítich Romanov e Vasili Shuiski xunto a outros Romanov, como gardas e conselleiros do seu fillo e sucesor, quen a pesar de ter 27 anos, non era moi intelixente e moi enfermizo.
Ao morrer Iván, deixa a outro fillo de tres anos Dmitri Ivánovich, que nacera do seu último matrimonio. Posto que a Igrexa Ortodoxa recoñecía só os tres primeiros matrimonios, e os fillos destes como lexítimos, Dmitri e a familia da súa nai non tiveron dereito dobre o trono.
Aínda así, o consello, pouco despois da morte de Iván, trasladan a Dmitri e a súa nai a Uglich a 150 km de Moscova. Á morte de Dmitri ós 10 anos de idade, a viuva de Iván denunciou que o seu fillo fóra asasinado por axentes que respondían ante Godunov. Nunca se puido establecer a culpabilidade de Godunov e pouco despois a nai de Dmitri foi obrigada a tomar os hábitos. [1]
Rexente de Rusia [editar]
Con ocasión da coroación do tsar Teodoro I de Rusia o 31 de maio de 1584, Boris obtivo honores como parte do consello de cinco homes, con todo, levou a cabo o segundo lugar durante o curso da vida do tío do tsar Nikita Romanovich, quen ó finar, en agosto, o deixou sen un serio rival.
Tras unha conspiración contra el na que varios boiardos e o metropolitano Dionisio II, buscaban o divorcio do tsar e a irmá de Boris para acabar co poder deste último. Boris resultou fortalecido e a dirección e os asuntos do reino pasaron ó seu control, establecendo relacións con príncipes estranxeiros coma se el fóra un igual.
No ano 1595 recupera os pobos que Suecia conquistara a Rusia durante o reinado do anterior tsar.
Borís fomentou o comercio cos comerciantes ingleses en Rusia, ó exceptualos do pago de impostos. Civilizou as fronteiras do noroeste e sudeste de Rusia construíndo numerosas cidades fortalezas. Fomentou a recolonización de Siberia, e fundou cidades como Tobolsk.
A reforma domestica máis importante foi o decreto de 1587 co que prohibía que os campesiños cambiasen de señor, de xeito que quedaban ligados á terra. O obxecto desta reforma foi o de asegurar os impostos, pero causou molestias entre a servidume.
Tsar de Rusia [editar]
Ó morrer o tsar Teodoro I o 7 de xaneiro de 1598, sen descendencia, a ambición de Boris o levou a apoderarse do trono. Probablemente se non o houbera feito houbera acabado os seus días nun mosteiro. A súa elección como tsar foi proposta pólo patriarca de Moscova, quen tiña a convicción de que Boris tiña as cualidades apropiadas para gobernar na difícil situación do momento. Porén. Boris, só acepta o trono cando llelo ofrece a Zemsky Sobor, ou asemblea nacional, que se reúne o 17 de febreiro e o elixe por unanimidade o 21 de febreiro. O día 1 de setembro é coroado Tsar de Rusia nunha cerimonia solemne.
Durante os primeiros anos do seu reinado gozou de moita popularidade, gobernou sabiamente e estableceu un clima de prosperidade. Extendeu a necesidade que tiña Rusia de crecer e alcanzar un progreso semellante ó do resto de Europa, e por iso fomentou as reformas sociais e educativas. Foi o primeiro tsar en importar unha gran cantidade de mestres extranxeiros, o primeiro en enviar a mozos rusos a recibir a súa educación a outros países, e o primeiro en permitir que se construíran igrexas luteranas en Rusia. Ó gañar a guerra ruso-sueca de 1590-1595, víu a necesidade de crear un acordo sobre o mar Báltico, e tratou de anexionar Livonia mediante a diplomacia.
A pesar de ser un dos mellores tsares de Rusia. O seu medo a posibles pretendentes ó trono, o inducíu a prohibir os matrimonios dalgúns dos máis importantes boiardos. Tamén promoveu a existencia de informantes e perseguiu ós sospeitosos baseado na suposta información obtida por ditos medios. A familia Romanov sufriu especialmente este feito. Tampouco aceptou a unión persoal que lle propuxo no ano 1600 unha misión diplomática encabezada por Lew Saieha da Mancomunidade de Polonia-Lituania.
Boris morreu o 13 de abril de 1605, dun paro cardíaco, e o seu fillo Teodoro II o sucedeu uns meses e foi asasinado, ao igual que a súa viúva por inimigos dos Godunovs en Moscova.
Notas [editar]
- ↑ Ibid.#1
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- De Godunov a Nicolao II por Saul Zaklad
- O trono do Tsar Boris Godunov
- Antecesores de Borís Fiódorovich Godunov, tsar de Rusia (en ruso)
| Predecesor: Teodoro I de Rusia |
Tsar de Rusia 1598 - 1605 |
Sucesor: Teodoro II de Rusia |
|
|
|
|---|---|
| Iván o Terrible | Simeón Bekbulatovich (O Tsar falso) | Teodoro I | Boris Godunov | Teodoro II | Demetrio II | Basilio IV | Ladislao IV | Miguel III | Alexis I | Teodoro III | Sofía Alexeiievna | Iván V (Soberano con Pedro o Grande) | |
|
|
|
| Pedro I | Catarina I | Pedro II | Ana Ivanovna | Iván VI | Sabela I | Pedro III | Catarina II | Paulo I | Alexandre I | Nicolao I | Alexandre II | Alexandre III | Nicolao II | |