Carlos Barros
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Barros Guimeráns, nado en Vigo o 3 de xullo de 1946, é un historiador galego especialista en historia medieval de Galicia.
Índice |
Traxectoria [editar]
Carlos Barros estudou na súa cidade natal e en Madrid enxeñería técnica industrial, nesta última cidade comezou a militar no PCE (1968) e ao remate dos seus estudos e a volta a Galicia no PCG, partido do que foi membro do seu comité central e secretario de relacións políticas. Licenciouse en Xeografía e Historia en 1986, e obtivo en 1988 o doutorado coa tese, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios. Exerce como profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela dende 1990.
Obras historiográficas [editar]
- A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988
- Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990
- ¡Viva el-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996
- Historiografía fin de siglo, Santiago de Compostela, 1996