Calzón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un home usando calzóns tipo slip

O calzón ou cirolas é unha peza de roupa interior masculina, que cobre desde a cintura ata as coxas, e que pode estenderse dende as inguas ata os nocellos. Utilízanse para protexer os pantalóns ou outra roupa exterior do contacto continuo coa zona xenital, e a zona xenital, que é de pel delicada, do contacto continuo coa roupa exterior, que acostuma a ser máis áspera.

O seu nome provén das antigas calzas, que cubrían da cintura ás puntas dos pés. Destas calzas derivaron os nomes de moitas das pezas que se utilizan de cintura para abaixo, como calcetíns ou calzado.

Tipo de calzóns: