Medianoite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foto tomada durante a medianoite.

A medianoite[1], ou metade da noite, é na actualidade a hora que sinala a fin do día (as 24 horas) e o comezo do día seguinte. É produto dunha convención cultural, para permitir o cálculo do transcurso do tempo. Na antigüidade a fin do día viña dada polo solpor ou o amencer solares.

Fálase de medianoite solar en oposición ao mediodía solar, cando o Sol está no nadir -xusto embaixo dos pés do observador (figuradamente), no punto oposto ao meridiano local-, que é o momento de maior negritude da noite (sen contar a luz estelar de outros obxectos como a Lúa).

Coa creación do fuso horario internacional, creando meridianos graduados para toda a superficie terrestre, deixouse de usar o horario referido ao meridiano local, para usar o convencional referido a zoas horarias, que en Galiza non coincide co natural, do que polo menos está afastado unha hora ao ter o horario peninsular fixado ao continental europeo, cando o noso meridiano local é o mesmo que o de Irlanda.

Comenzo e fin do día[editar | editar a fonte]

Reloxo dixital indicando a medianoite en formato de 24 horas.

A medianoite, marca ámbolos dous momentos de comezo e fin de cada día na hora civil, isto fai necesario diferencialos.

Na notación de 24 horas:

  • As 00:00 sinalan o comezo dunha data, comezo da noite nova, equivale as 24:00 que sinalan a fin dunha data, fin da noite vella.

Na notación de 12 horas meridianas -actualmente-:

  • As 00:00 A.M. (as cero horas ante-meridianas), equivale as 12:00 A.M. (as 12 horas ante-meridianas) tamén chamadas as doce da noite, sinalan a medianoite e o comezo dunha data, noite nova.
  • As 12:00 P.M. (as 12 horas post-meridianas) tamén chamada as doce da maña, sinalan o mediodía.
  • As 11:59:59 P.M. (as once horas, cincuenta e nove minutos, e cincuenta e nove segundos post-meridianos) sinalan o derradeiro segundo dunha data, noite vella.

En ámbolos dous casos de contas, en 12 ou 24 horas, trátase de cómputos de series de números ordinais (non cardinais) polo que non incluíron o cero ata o século XX e coa ficción de xuntar as 24 horas coas modernas cero horas facéndoas equivalentes; sendo contas inclusivas, isto é, sempre contan o total acumulado.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medianoite

Outros artigos[editar | editar a fonte]