Tió de Nadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Tió de Nadal

O Tió de Nadal é un personaxe mitolóxico catalán e a base dunha tradición moi arraigada en Cataluña. Esta tradición tamén se pode atopar en Occitania baixo o nome Cachafuòc ou Soc de Nadal, e en Aragón como Tronca de Nadal ou Toza. Estaría emparentado coa a árbore de Nadal e, en Galicia co tizón de Nadal, un tronco que se deixa queimar dende a Noiteboa ata Aninovo para afastar os espíritos da casa.

Historia e características[editar | editar a fonte]

No día da Inmaculada Concepción (isto é, o 8 de decembro), empézase a dar para comer cada noite a un tronco, e tápase normalmente cunha manta para que non pase frío durante a noite. Consiste en azoutar un tronco cun bastón.

O día de Nadal ou, segundo a casa, durante a véspera, púñase o tió ao lume e facíallo defecar. Agora xa non se queima o tió, senón que tan só obrígaselle a defecar repetidamente a base de arremeterlle golpes de bastón acompañados das chamadas cancións do Tió.

O Tió nunca defeca obxectos grandes (estes xa os traen os Reis Magos) senón chucherías, barquillos e turróns para os máis pequenos. Segundo a comarca defeca figos secos e cando deixa de defecar (porque xa non lle queda nada) defeca un arenque salgado, un allo, unha cebola, ou se ouriña no chan.

A tradición do Tió está emparentada coa da árbore de Nadal, tamén portador de agasallos para os máis pequenos da casa.

É común que leve unha barretina e unha cara riseira nun dos extremos e que se sosteña con dous ou catro patas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]