Cabalgata dos Reis Magos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabalgata do Rei Mago Baltasar en El Puerto de Santa María (Cádiz).

A Cabalgata dos Reis Magos é un desfile de carrozas típico, nas cidades españolas e algunhas mexicanas, no que os Reis Magos (Melchor, Gaspar e Baltasar) e os seus paxes e axudantes lanzan caramelos e pelotas aos nenos que os observan desde a rúa.

Celébrase cada 5 de xaneiro pola tarde. Ao chegar a noite os nenos deben deitarse temperán e á mañá seguinte, no día da Epifanía, teñen os agasallos dos Reis Magos que solicitaron previamente nunha carta. Segundo a tradición os nenos que se portaron mal durante o pasado ano reciben carbón de caramelo.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro rastro documentado sobre a orixe da cabalgata do día de Reis, remóntase ao 5 de xaneiro de 1855 no "Diario de Barcelona".

A Cabalgata dos Reis Magos de Alcoi pasa por ser a máis antiga de España e, por iso, do mundo, estando documentada desde 1866.

Así mesmo consta que, en 1876, empezouse a celebrar a Cabalgata dos Reis Magos de Ibi, localidade próxima a Alcoi, deixando de celebrarse algúns anos da década dos 30 e retomándose nos 40, da man de José Vicedo García e Pascual Rico Bellod.

Desde 2009 hai tamén en Polonia cabalgatas dos Reis Magos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]