Ollomol
| A este artigo fáltanlle contidos, imaxes ou perspectivas relacionados con Galicia. Por favor, galeguíceo. |
| Ollomol | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Pagellus bogaraveo | ||||||||||||
O ollomol (Pagellus bogaraveo) é un peixe acantopterixio da familia dos espáridos, común no litoral atlántico europeo e na zona occidental do mar Mediterráneo.
Índice |
Distribución e hábitat [editar]
É unha especie moi extendida no occidente do mar Mediterráneo e na parte oriental do océano Atlántico, até Mauritania polo sur e as illas Orkney e Noruega polo norte. É a única especie dos espáridos xeneralizado e común nos mares de Europa setentrional. Vive a profundidade considerable (até 700-800 m no Atlántico e a 400 m no Mediterráneo) en fondos rochosos, de area e fango (especialmente). Os exemplares novos son máis costeiros, de augas pouco profundas, e nadan agrupándose en grandes cardumes.
Descrición [editar]
Ten un aspecto típico de espárido, con corpo moi comprimido lateralmente. Cabeza curta e redondeada, boca pequena e ollos moi grandes. O dorso é vermello pardusco, e os costados prateados. Todas as aletas son de cor rosa - avermellada. Distínguese dos demais espáridos por unha mancha difusa negra situada no nacemento da liña lateral que o cruza, enriba da base da aleta pectoral. Os exemplares novos son de cor máis pálida e carecen ás veces da mancha escura. Poden acadar até os 60 cm de lonxitude.
Os exemplares máis pequenos son coñecidos como "panchiño" ou "buraz" (burás nas zonas con seseo implosivo).
Alimentación [editar]
Aínda que é omnívoro, aliméntase sobre todo de crustáceos e outros invertebrados e peixes pequenos.
Reprodución [editar]
Acadan a madurez sexual aos dous anos, con 15-20 cm. O normal é que se reproduza en inverno, pero no Mediterráneo occidental faino entre xuño e setembro. Aproximadamente o 10% dos individuos son hermafroditas proterándricos.
Pesca [editar]
Captúrase tanto con rede de pesca como por palangre. A súa carne é branca, moi apreciada sobre todo en España e Italia.
Gastronomía [editar]
É a especie máis estimada da familia dos espáridos. A cantidade de graxa oscila entre case magro en primavera até ter un 9 % do seu peso en inverno. Nesta época adóitase cociñar á grella ou no forno. En España é frecuente a súa preparación na gastronomía en Nadal, sendo dúas especialidades o ollomol á madrileña ou á donostiarra.