A veta é unha arte de pesca fixa rectangular cunha tralla con flotadores e outra lastrada contra o fondo, ó cal se fixa con rizóns (similar ó rasco e á volanta), que adopta unha posición vertical, cun só pano, de ata 50 x 3 m na dimensión de cada peza e cun mínimo de 60 mm en lado da malla. Está regulada polo artigo 31 do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994), que indica que se pode usar todo o ano en mar non interior.
As denominacións en cursiva, aínda que posiblemente válidas, non son as contempladas polo Decreto 424/1993 da Xunta de Galicia (DOG nº13 de 20/01/1994) e non está confirmada e documentada (de momento e coa referencia dada) a súa equivalencia co resto. As precedidas de asterisco (*), están especificamente proscritas polo VOLG. Así por exemplo, palangrillo está no DOG pero non no VOLG.