Tala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Palangrillo»)

A tala é unha arte de pesca que consisten nun palangre especificamente cunha distancia mínima de 1 metro entre anzois con ata 1000 anzois nun máximo de 2000 m de tralla. Está regulado polo artigo 20 do do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994), onde se lle denomina pola forma palangrillo.

Xustificación terminolóxica[editar | editar a fonte]

A terminación -illo da forma palangrillo faina sospeitosa de ser un castelanismo. Partindo da base de que se utiliza para a pesca de "ollomoles, congros, abadexos, robalizas, dentóns, rodaballos etc."[1] e baseándose na definición do Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez[2], podería equipararse a espinel. Neste mesmo texto, Eladio dános [3] unha subclasificación do palangre en corda, pincho, fondeiro e gorentes. Aspectos como a sinonimia de palangre co hiperónimo (corda) ou o hipónimo (pincho, no VOLG) ou a non sanción como substantivo por parte VOLG) desaconsellan o seu uso. Pola súa parte, a forma espinel non aparece reflectida nin no VOLG[4] nin na lexicografía xeral[5][6]. En cambio, tala si aparece recollida tanto no propio VOLG[4] como nestas mesmas fontes actuais[7][8] e na lexicografía histórica[9] con semellante significado. A existencia desta forma patrimonial e autorizada faría innecesaria un calco como palangrillo ou a creación dun neoloxismo como palangriño ou palangrete.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina 6 do texto de Miguel Fariña Castro (1998) Artes e aparellos de pesca en Galicia
  2. Diccionario de diccionarios
  3. sub voce: palangre
  4. 4,0 4,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2008. Consultado o 04 de xaneiro de 2008. 
  5. Gran Diccionario Xerais da Lingua (2000) de Edicións Xerais de Galicia
  6. Dicionario de galego (2004) da Editorial Ir Indo
  7. "Arte de pesca utilizado (sic) para o congro", na páxina 1824 do Gran Diccionario Xerais da Lingua (2000)
  8. "Arte de pesca que se emprega para capturar o congro", na páxina 1955 do Dicionario de galego (2004) da Editorial Ir Indo
  9. dicionarios de Aníbal Otero e Carré Alvarellos (1972) consultados no Diccionario de diccionarios