Mindoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mindoro
Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Situación da illa

[[]]
Datos
Capital Calapan
País Filipinas
Linguas
Poboación (2000) 1.062.000
Superficie 10,572 km²
Densidade 100´5 hab/km²
Concellos
Coordenadas 13°12′N 120°54′E / 13.200°N 120.900°E / 13.200; 120.900
Maior Altura 2.582 m. Monte Halcon
Praia ao norte de Mindoro

Mindoro é a sétima illa máis grande de Filipinas. Atópase ao suroeste de Luzón e ao nordés de Palawan. Antigamente, Era chamada Ma-i ou Mait polos comerciantes chineses, e Mina de Ouro polos españois, de onde este territorio obtivo o seu nome.

A illa foi dividida en dúas provincias actualmente existentes, Mindoro Occidental e Mindoro Oriental, en 1950. Antes deste suceso, desde 1921, a illa enteira conformaba unha soa provincia.

De acordo co historiador William Henry Scott, no seu libro Prehispanic Source Materials For The Study of Phillipine History (1984), durante a Dinastía Sung, no ano 972, "Ma-i" era un importante comerciante con China. Noutros rexistros chineses,"Ma-i" ou "Mindoro" aparece nos anos seguintes.

Este libro tamén nomea os produtos que os comerciantes de Mindoro intercambiaban cos chineses, sendo os máis importantes a cera de abella, o algodón, perlas, caparazóns de tartaruga, noces de betel medicinais e roupas de yute. Para a porcelana chinesa, comercializábanse produtos como o ouro, recipientes de aceiro, chumbo, contas de vidro de cores e agullas de aceiro.


Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Mindoro está baseada principalmente na agricultura. Os produtos consisten nunha gran variedade de froitas, por exemplo, cítricos, bananas, rambutané e cocos, cereais como arroz e millo, cana de azucre, maní, peixe (diversos tipos), gando e aves de curral. A talla de árbores e a minería de mármore e cobre tamén son prósperos.

O turismo tamén é unha negocio lucrativo, con destinos como o Parque Nacional Apo Reef, a Illa Lubang, Porto Galera, Praia Sabang e o Monte Halcon. As praias de Porto Galera son as máis coñecidas atraccións turísticas, sendo moi visitadas.

Cultura[editar | editar a fonte]

As relixións comúns na illa clasifícanse baixo o Cristianismo. A relixión da poboación indíxena é o Animismo. Aínda que eles están no animismo como unha relixión, axudan á Igrexa católica nalgunhas partes de Mindoro a desenvolver a educación.

O idioma principal en Mindoro é o Tagalo, aínda que nalgúns lugares foi amplamente influenciado polos idiomas nativos Visayan e o Mangyan. Maioritariamente, o filipino e o Taglish está presente nas áreas de Porto Galera e Cidade Calapan. O Visayan e o Mangyan tamén son falados na illa, igual que o Ilocano e algúns idiomas estranxeiros, por exemplo o inglés, o Fukien e, nun menor xeito, o español.