Manuel Azaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Azaña

(1932) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Manuel Azaña Díaz Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1880 Editar o valor em Wikidata
Alcalá de Henares, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Montauban, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMontauban Editar o valor em Wikidata
Xefe de Estado de España
10 de maio de 1936 – 3 de marzo de 1939
President of the Second Republic of Spain (en) Traducir
10 de maio de 1936 – 3 de marzo de 1939
← Niceto Alcalá-ZamoraFrancisco Franco →
Deputado nas Cortes republicanas

3 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Presidente do Consello de Ministros
19 de febreiro de 1936 – 10 de maio de 1936
← Manuel Portela ValladaresSantiago Casares Quiroga →
Deputado nas Cortes republicanas

19 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Vizcaya (capital) (en) Traducir
Presidente do Consello de Ministros
14 de outubro de 1931 – 6 de setembro de 1933
← Juan Bautista Aznar-CabañasAlejandro Lerroux →
Deputado nas Cortes republicanas
20 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Valencia (capital) (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

10 de xullo de 1931 – 5 de agosto de 1931

Circunscrición electoral: Baleares (en) Traducir
Ministro da Guerra
14 de abril de 1931 – 12 de setembro de 1933
← Dámaso Berenguer y FustéJuan José Rocha García (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza - licenciatura en Dereito
Universidade Central - Doctorado en Derecho
Real Centro Universitario Escorial-Maria Christina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
MovementoGeneration of 1914 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDolores Rivas Cherif (1929–1940)
PaiEsteban Azaña Editar o valor em Wikidata
IrmánsGregorio Azaña Díaz Editar o valor em Wikidata
ParentesCipriano Rivas Cherif (pt) Traducir (irmão da esposa (pt) Traducir)
Enrique de Rivas (cuñado) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0044140 Find a Grave: 6986337 Editar o valor em Wikidata

Manuel Azaña Díaz, nado en Alcalá de Henares (Madrid), o 10 de xaneiro de 1880 e finado en Montauban (Francia) o 3 de novembro de 1940, foi un político e escritor español, segundo presidente da Segunda República Española (1936-1939). Foi un dos políticos e oradores máis importantes da política española do século XX, ademais de ser un consolidado escritor (acadou o Premio Nacional de Literatura en 1926 por Vida de Juan Valera). As súas memorias son un documento moi importante para coñecer a sociedade da época.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de clase media-alta, seu pai Esteban Azaña Catarineu, home de negocios e propietario, foi alcalde da súa cidade natal e seu avó paterno fora un líder liberal progresista local. Orfo dende moi neno, en 1889 morreu súa nai (Josefina Díaz Gallo-Muguruza) e en 1890 seu pai, estudou desde os trece anos no Mosteiro do Escorial cos freires agostiños. Estudou dereito na Universidade de Zaragoza, e doutorouse na Universidade Central de Madrid coa tese titulada La responsabilidad de las multitudes, máis tarde opositou con éxito, sendo o número dous da súa promoción, a letrado da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado. Pasou o curso 1911-1912 estudando na Sorbona de París grazas a unha bolsa de estudos da Xunta de Ampliación de Estudos.

Vida política[editar | editar a fonte]

Estandarte presidencial de Manuel Azaña.

En 1914 afíliase ao Partido Reformista, liderado por Melquíades Álvarez, sendo elixido nese ano secretario do Ateneo de Madrid. Presentouse a Deputado as Cortes polo partido xudicial toledano de Puente del Arzobispo, presentouse dúas veces e en ningunha das dúas logrou o escano. Durante a primeira guerra mundial visitou as frontes italiana e austríaca e fixo campaña a favor dos aliados. Nesa época colabora con El Sol e El Imparcial e fundou xunto a José Ortega y Gasset a Liga de Educación Política.

En 1920 funda a revista La pluma, e en 1920 pasa a dirixir o semanario España.

Moi crítico coa ditadura de Primo de Rivera, publica en 1924 un forte manifesto contra o ditador e o rei Afonso XIII, fundando ao ano seguinte o partido Acción Republicana. En 1926 obtivo o Premio Nacional de Literatura por Vida de don Juan Valera.

En 1930 participa no Pacto de San Sebastián, de onde aparecería a futura república, que xurdiría tras as eleccións municipais do 12 de abril de 1931, polo que condena ao exilio ao rei Afonso XIII.

Etapa no goberno[editar | editar a fonte]

Nomeado Ministro da Guerra no goberno provisional da xa formada Segunda República, o 14 de abril substitúe a Niceto Alcalá-Zamora como presidente do goberno provisional (outubro do mesmo 1931), debido á dimisión de Alcalá-Zamora por cuestións de tema relixioso.

Como presidente do goberno de coalición republicano-socialista leva a cabo as principais reformas programadas no proxecto republicano: Reforma do exército, Reforma Agraria, Reforma da Ensinanza etc. Tivo tamén oportunidade de publicar o seu drama La Corona. Todas estas cuestións políticas, conxuntamente coa tensión social que existía en gran parte do país, tráenlle consigo moitos problemas, sobre todo co exército e coa Igrexa. Finalmente os Sucesos de Casas Viejas, Castilblanco e Ernedo motivaron o seu cesamento por parte do presidente da República Niceto Alcalá-Zamora.

Goberno da CEDA[editar | editar a fonte]

O 19 de novembro de 1933, triunfa nas eleccións a coalición formada polo Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux e a Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) de José María Gil-Robles, o que trae por consecuencia a retirada da política de Azaña durante a duración deste goberno de coalición. Nesta época volve a súa faceta de escritor e editor. Neste ano escribe os libros: Una política e En el poder y en la oposición.

Tras este distanciamento coa política, funda en 1934 o partido Izquierda Republicana, xurdido da unión de Acción Republicana co Radical-Socialista, liderado por Marcelino Domingo e a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) liderada por Santiago Casares Quiroga.

En 1934 teñen lugar en Asturias e Barcelona distintos sucesos revolucionarios. Azaña, acusado de ser o ideador destes sucesos é encarcerado no destrutor Sánchez Barcáiztegui, situado no porto de Barcelona, máis tarde, o xuíz Salvador Alarcón o absolveu dos cargos deixándoo en liberdade.

Etapa de presidente[editar | editar a fonte]

O 16 de febreiro de 1936, gaña as eleccións a coalición de partidos de esquerda que se denominou Frente Popular, sendo encargado Azaña de formar novo goberno. Tras a destitución de Alcalá-Zamora, é nomeado Presidente da República de 10 de maio de 1936.

O comezo da guerra civil, e tras inútiles intentos por convencer as forzas republicanas dos perigos da desunión, suponlle un duro golpe moral. O 18 de xullo de 1938, pronunciou un soado discurso ante as Cortes reunidas en Valencia, baixo o lema "Paz, Piedad, Perdón".

Tomada Barcelona polas tropas de Franco o 26 de xaneiro de 1939 e Xirona o 5 de febreiro dese mesmo ano, retirase a Francia, e alí, o 27 de febreiro presenta a súa dimisión como Presidente da República, sendo substituído por Diego Martínez Barrio.

Exilio[editar | editar a fonte]

Refuxiado en Rosellón, con media Francia ocupada polo exército alemán, é vixiado polos axentes do réxime de Franco, que o pretenden prender e devolvelo a España. Finalmente deciden detelo. Porén, o embaixador de México, Luís Rodríguez, perante o réxime de Vichy, consegue liberalo e trasladalo ao Hôtel du Midi, en Montauban, onde varios refuxiados españois se refuxian, alí, nese mesmo hotel, avellentado e esgotado, morreu na habitación 11 o 4 de novembro de 1940.

O mariscal Pétain prohibiu que fose soterrado con honores de Xefe de Estado, soamente accedeu a que o seu féretro fose cuberto coa bandeira española, coa condición de que fose a bicolor do lado nacionalista, pero de ningún modo a da República. O embaixador de México decidiu que fose soterrado coa bandeira mexicana. Segundo conta nas súas memorias, o embaixador díxolle ao mariscal francés:

"Lo cubrirá con orgullo la bandera de México- Para nosotros será un privilegio; para los republicanos, una esperanza, y para ustedes, una dolorosa lección".
"Cubrirao con orgullo a bandeira de México- Para nós será un privilexio; para os republicanos, unha esperanza, e para vostedes, unha dolorosa lección".

Obra[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Niceto Alcalá-Zamora
 
Segunda República Española
Presidente da República Española
 
1936-1939
Sucesor:
Ninguén
(Ditadura de Francisco Franco)
Predecesor:
El mesmo como Presidente do Goberno Provisional
 
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1931-1933
Sucesor:
Alejandro Lerroux García
Predecesor:
Manuel Portela Valladares
 
Presidente do Consello de Ministros de España
 
1936
Sucesor:
Augusto Barcia Trelles

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Álvarez, V. (2004). "Manuel Azaña e Eduardo Blanco Amor. Epistolario inédito (1935-1944)". Grial (163): 57–73. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]