Luís Moya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luís Rodríguez Moya, nado na Coruña o 23 de setembro de 1960, é un copiloto de rallys galego. É o copiloto máis laureado da historia do Campionato do Mundo de rallys, e é coñecido sobre todo polos catorce anos que competiu xunto a Carlos Sainz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa actividade deportiva en 1983 debutando no rally das Rías Baixas sendo o navegante de José Mariñas nun Renault 5 Copa. Formou equipo con José Mora, co que gañou o campionato galego de rallys en 1985 e 1986. Neste último conseguiron tamén o segundo posto na Copa de España da especialidade.

En 1987 pasou a acompañar a Guillermo Barreras, xa dentro do equipo oficial de Renault, e só un ano despois debutou con Carlos Sainz, co que estivo ata o final do ano 2002 e co que logrou dous títulos mundiais, catro subcampionatos e cinco terceiros postos. Con 24 vitorias no Mundial é o copiloto máis laureado da historia do Campionato do Mundo de rallys.

En decembro de 2002 pasou a traballar como director deportivo de Subaru no Mundial de rallys.

Binomio con Sáinz[editar | editar a fonte]

Xunto con Sainz viviu un dos seus peores momentos deportivos co abandono en 1998 do RAC Rally de Inglaterra[1] a tan só 700 metros da meta. Naquel abandono Luis Moya golpeou impotente o Toyota Corolla WRC tras berrar a coñecida frase: "Trata de arrancarlo, Carlos; Por Dios Carlos, trata de arrancarlo", ó quedar o seu coche avariado, impedíndolles no último momento proclamárense campións mundiais por terceira vez.

Despois da súa retirada seguiu vencellado ó Mundial de Rallys como mánager xeral do equipo Subaru, co que conseguiu un mundial de pilotos co noruego Petter Solberg.

No 2007 retomou os labores de copilotaxe de modo ocasional. Unha delas foi con Manuel Quijano, cantante do grupo Café Quijano, probando fortuna en raids a bordo dun Toyota Pick-Up. A outra ocasión foi con Carlos Sainz na disputa do XVII Rally Shalymar, en Madrid. A bordo de un Sköda Fabia WRC conseguiron a vitoria nos tramos da Serra Madrileña.

O 11 de outubro de 2007 Luís Moya cruzou o estreito de Xibraltar a nado, en beneficio da organización non gobernamental da Cociña Económica da Coruña[2], que fora presidida polo seu pai. Tardou en percorrer os 14 km do estreito 5:35'[3].

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 1985: Campión galego de rallys. Xunto a José Mora nun Renault 5 Turbo 1.
  • 1986: Campión galego de rallys. Xunto a José Mora nun Renault Supercinco GT Turbo.
  • 1988: 10º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Sierra Cosworth.

Abandono en Portugal (problemas co motor); 5º en Córsega; 6º en Finlandia (rally dos Mil Lagos); 5º en Italia (rally de San Remo); 7º en Inglaterra (RAC rally).

  • 1989: 8º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Celica GT4.

Abandono en Montecarlo (accidente); Abandono en Portugal (accidente); Abandono en Córsega (problemas co motor); Abandono en Grecia (rally da Acrópole, problemas de chasis); 3º en Finlandia; 3º en Italia; 2º en Inglaterra.

  • 1990: no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Celica GT4.

2º en Montecarlo; Abandono en Portugal (problemas coa transmisión); 4º no rally Safari (Quenia); 2º en Córsega; 1º en Grecia; 1º en Nova Zelanda; 2º en Arxentina; 1º en Finlandia; 2º en Australia; 3º en Italia; 1º en Inglaterra.

  • 1991: 2º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Celica GT4.

1º en Montecarlo; 1º en Portugal; Abandono en Quenia (problemas co motor); 1º en Córsega; 2º en Grecia; 1º en Nova Zelandia; 1º en Arxentina; 4º en Finlandia; Abandono en Australia (accidente); 6º en Italia; Abandono en Cataluña (problema eléctrico); 3º en Inglaterra.

  • 1992: no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Celica 4WD.

2º en Montecarlo; 3º en Portugal; 1º en Quenia; 4º en Córsega; Abandono en Grecia (accidente); 1º en Nova Zelandia; 2º en Arxentina; 3º en Australia; 1º en Cataluña; 1º en Inglaterra.

  • 1993: 8º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Lancia HF Integrale.

14º en Montecarlo; Abandono en Portugal (accidente); 4º en Córsega; 2º en Grecia; Abandono en Arxentina (problemas co motor); 4º en Nova Zelanda; Abandono en Australia (accidente); descalificado en Italia (combustible); Abandono en Cataluña (problema eléctrico).

  • 1994: 2º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Subaru Impreza.

3º en Montecarlo; 4º en Portugal; 2º en Córsega; 1º en Grecia; 2º en Arxentina; Abandono en Nova Zelandia (problemas co motor); 3º en Finlandia; 2º en Italia; Abandono en Inglaterra.

  • 1995: 2º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Subaru Impreza.

1º en Montecarlo; Abandono en Suecia (motor); 1º en Portugal; 4º en Córsega; Abandono en Australia (problemas co motor); 1º en Cataluña; 2º en Inglaterra.

  • 1996: 3º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Escort RS Cosworth.

2º en Suecia; Abandono en Quenia (chasis); 1º en Indonesia; 3º en Grecia; 2º en Arxentina; Abandono en Finlandia (caixa de cambios); 3º en Australia; 2º en Italia; Abandono en Cataluña (accidente).

  • 1997: 3º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Escort WRC.

2º en Montecarlo; 2º en Suecia; Abandono en Quenia (problemas cunha roda); Abandono en Portugal (transmisión); 10º en Cataluña; 2º en Córsega; Abandono en Arxentina (motor); 1º en Grecia; 2º en Nova Zelanda; Abandono en Finlandia (caixa de cambios); 1º en Indonesia; 4º en Italia; Abandono en Australia (motor); 3º en Inglaterra.

  • 1998: 2º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Corolla WRC.

1º en Montecarlo; 2º en Suecia; Abandono en Quenia (problemas coa suspensión); 2º en Portugal; Abandono en Cataluña; Abandono en Córsega; 2º en Arxentina; 4º en Grecia; 1º en Nova Zelandia; 2º en Finlandia; 4º en Italia; 2º en Australia.

  • 1999: 4º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Corolla WRC.

Abandono en Montecarlo (saída de pista); 2º en Suecia; 3º en Quenia; 2º en Portugal; Abandono en Cataluña; 3º en Córsega; 5º en Arxentina; 2º en Grecia; 6º en Nova Zelanda; 3º en Finlandia; 3º en China; Abandono en Italia; 2º en Australia; Abandono en Inglaterra.

  • 2000: 3º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Focus.

2º en Montecarlo; Abandono en Suecia; 4º en Quenia; 3º en Portugal; 3º en Cataluña; Abandono en Arxentina; 2º en Grecia; 3º en Nova Celandia; 14º en Finlandia; 1º en Chipre; 3º en Córsega; 5º en Italia; Descualificado en Australia; 4º en Inglaterra.

  • 2001: 6º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Focus.

2º en Montecarlo; 3º en Suecia; 2º en Portugal; 5º en Cataluña; 3º en Arxentina; 3º en Chipre; Abandono en Grecia; Abandono en Quenia; 6º en Finlandia; 4º en Nova Celandia; 4º en Italia; Abandono en Córsega; 8º en Australia.

  • 2002: 3º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Focus.

3º en Montecarlo; 3º en Suecia; 6º en Córsega; Abandono en Cataluña; 11º en Chipre; 1º en Arxentina; 3º en Grecia; Abandono en Quenia; 4º en Finlandia; 8º en Alemaña; Abandono en Italia; 4º en Nova Celandia; 4º en Australia; 3º en Inglaterra.

Notas[editar | editar a fonte]