Antonio Colemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Pérez-Hugalde Colemán

Estatua de Colemán (dereita) e Reverter (esquerda) sentados no Alpinche en Ourense.
Biografía
Nacemento1951
Morte25 de decembro de 2003
Ourense
Datos persoais
País de nacionalidadeGalega
Actividade
OcupaciónCopiloto de rallys


Antonio Pérez-Hugalde Colemán, máis coñecido como Antonio Colemán, nado en 1951 e finado en Ourense o 25 de decembro de 2003, foi un copiloto de rallys, grande impulsor do Rally de Ourense, xunto a Estanislao Reverter

Foi copiloto de varios pilotos, entre eles Peitos,[1][2] e presidente da Escudaría Ourense dende 1983 ata a súa morte en 2003.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que anteriormente interviñera nalgún Rally do Lacón, o seu primeiro rally importante foi o Rally de Ourense de 1970, onde foi copiloto de Moncho Cachafeiro, quedando no posto 26º a bordo dun Seat 850.[4][5] En 1976 comezou a correr como copiloto do ourensán Peitos, debutando a parella no Rally da Coruña, no que lograron a vitoria.[6] Correu con Peitos ata o Rally do Lacón de 1981, onde remataron segundos.[6][7] A continuación foi vicepresidente da Federación Galega de Automobilismo e dende 1983 foi o presidente da Escudaría Ourense, cargo que ocuparía ata o seu falecemento en 2003 a causa dun derramo cerebral.[2] Durante eses anos participou na organización do Rally de Ourense.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño do 2006 inaugurouse en Ourense unha escultura de bronce na súa honra e na de Estanislao Reverter, obra do artista Ramón Conde Bermúdez, cos dous sentados no coche de Estanislao, o Alpinche.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Organización do 32 Rallye de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2005. Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 "Falece Antonio Colemán, presidente da Escudería Ourense". La Voz de Galicia Ourense. 26 de decembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Presentación da Escudería Ourense na súa web
  4. "Clasificación final Rally de Ourense de 1970" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2020. Consultado o 9 de xuño de 2020. 
  5. "Expectación e interés están garantizados en el Rally de Orense, según su director". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de abril de 1989. p. 44. 
  6. 6,0 6,1 Rodríguez, Maite (5 de maio de 2019). "Peitos: «Si corro en un rali es con el Escort de Chumbo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  7. "Carlos Piñeiro invencible en rallys". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 1981. p. 53. 
  8. "Unha homenaxe con polémica". La Voz de Galicia Ourense. 28 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]