Linguas ilirias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas paleobalcánicas de Europa oriental nos primeiros séculos antes de nosa era.

As linguas ilirias son un grupo de linguas indoeuropeas faladas polos pobos ilirios nos Balcáns occidentais e polos mesapios na rexión itálica de Apulia. É posíbel que a lingua dos vénetos, a lingua venética, tamén pertencese a esta rama, pero aínda que Heródoto os cita como parte das tribos ilirias non hai probas lingüísticas que o acrediten certamente.

Sábese con certeza que foi falada polo menos entre o século -VI e principios do V, aínda que con probabilidade fose utilizada desde finais do II milenio a. C.

Pouco se sabe da súa relación con outras linguas, debido ao descoñecemento por parte de lingüistas e arqueólogos causado pola escasa cantidade de textos reveladores achados. Gran parte das deducións baséanse na onomástica e a toponimia.

Parentesco dentro do indoeuropeo[editar | editar a fonte]

Existen polo menos dúas linguas ilirias distintas dentro do grupo das linguas ilirias:

  • Ilirio, falado na provincia romana de Iliria ou Illyrium.
  • Mesapio, falado na rexión italiana de Apulia.

Por outra banda está a lingua venética. Aínda que Heródoto menciona aos vénetos como parte do grupo ilirio, non hai probas lingüísticas que certifiquen a súa pertenza a este grupo lingüístico. O venético parece compartir trazos con outras linguas itálicas e de centroeuropa.

Tradicionalmente considerouse ao albanés como descendente directo das linguas ilirias. Os detractores da filiación iliria do albanés supoñen que esta lingua fose o resultado dunha migración procedente do leste dos Balcáns, e para iso se fundamentan principalmente en dúas cuestións:

  • O vocabulario marítimo albanés é froito de préstamos procedentes doutras linguas veciñas, o que chocaría coa coñecida tradición mariñeira dos antigos ilirios, un pobo asentado na costa do Adriático.
  • Gran parte da toponimia albanesa non se explica a través dunha etimología tipicamente albanesa, e en cambio topónimos da rexión de Moesia, zona traco-dacia, si que encaixarían. Ademais os termos prerrománicos do romanés mostran que o substrato dacio de devandita lingua está emparentado co albanés moderno.

Características[editar | editar a fonte]

A pouca información existente non permitiu dilucidar aínda se as linguas ilirias son centum ou satem, habendo testemuños tanto dun como outro comportamento. Exemplos:

  • Evidencias en favor de centum: ilirio Vescleves < PIE *wesu + *klewes > sánscrito Vasuśravas '[que ten] boa fama'.
  • Evidencias en favor de satem: ilirio Bulsinus < PÉ *bhlk-

O venético, do cal non está clara a súa pertenza a esta familia, era unha lingua centum.

A maior distribución de vocabulario centum (Argyruntum, Vescleves, Peuceti Cornuinus, Rega, Regontius) céntrase na zona noroeste de Iliria (Liburnia), que comparte onomástica co Véneto, Istria e Alpes orientais (zona onomástica nor-occidental), o que daría pé para afirmar que posibelmente se deba a unha lingua distinta, como o liburnia.

Fonética[editar | editar a fonte]

Son poucos os indicios que poidan categorizar plenamente a fonética das linguas ilirias:

Fontes[editar | editar a fonte]

Non se atoparon inscricións en lingua iliria, agás algunhas glosas en textos gregos e latinos, así como nomes propios. En cambio, en mesapio si que se coñecen unhas 300 inscripcións, aínda que case todas son fórmulas onomásticas que non aportan tanto como para descifrar a lingua.

As inscricións mesapias están escritas nun alfabeto derivado do grego, chamado alfabeto mesapio.

Orixes[editar | editar a fonte]

Hai distintas teorías sobre a antigüidade das linguas ilirias. Xeralmente acéptase que o ilirio xurdiu sobre o primeiro milenio a.C trala chegada á zona de poboacións portadoras da cultura de Hallstatt, aínda que hai quen pensa que a poboación autóctona asimilaría os novos invasores, mantendo a lingua, que sería probabelmente unha evolución do antigo europeo.

Teoría do Panilirismo[editar | editar a fonte]

A teoría do panilirismo foi desenvolvida por Julius Pokorny e Hans Krahe e estipulaba que o pobo que orixinou unha serie de hidrónimos ao longo de toda Europa era o ilirio. A forma destes hidrónimos non se explicaba por ningunha das linguas indoeuropeas coñecidas, aínda que gardaban certa semellanza coas linguas ilirias. Isto fíxolles supoñer que o pobo ilirio habitaría case toda Europa antes das invasións dos pobos indoeuropeos históricos. Actualmente deslíganse do ilirio e chámase á lingua dos hidrónimos Antigo Europeo (Alteuropäisch).

Extinción[editar | editar a fonte]

O antigo grego, así como o macedonio antigo, suporían unha importante influencia nos falantes do ilirio situados en terras adxacentes aos antigos gregos e macedonios, a dicir da adopción de nomes gregos por parte de ilirios relevantes (Cleitus, Glaukias) no sur. Conforme a inluencia grega aumentaba, algúns ilirios irían abandonando a súa lingua en favor do grego.

O ilirio entrou en contacto tamén coas linguas celtas, por mor de invasións de pobos celtas que se asentaron en terras ata entón de dominio ilirio. Houbo un intenso contacto no que hoxe son Bosnía, Croacia e Serbia, tanto que aínda non está claro se algunhas tribos eran ilirias ou celtas, como os Scordisci. Estas dúbidas son froito tamén de fontes clásicas confusas. O ilirio tivo contacto ademais con tracios e peonios. A tribo dos dárdanos é evidencia da mestura traco-iliria, que compartían uns cantos nomes, como Langaro.

Malia todo, non foron ditas linguas, senón o latín, quen comezou a desprazar ao ilirio por encima da liña Jirecek. No Século -III, tras enviar a raíña Teuta unha flota a Sicilia, entra en guerra con Roma. Os romanos conquistaron todas as terras onde había falantes de linguas ilirias, comezando a romanización e a substitución progresiva polo latín. Con todo, esta desaparición foi moi lenta e sábese por Xerónimo de Estridón (de orixe iliria) que aínda no século V a lingua estaba viva, pero non hai constancia de que o seguise estando ao comezo das invasións eslavas dos Balcáns.

Este tema, no entanto, segue sendo tema de discusión, pois se se considera ao albanés un descendente das linguas ilirias é obvio que a romanización non foi suficientemente profunda.

Vocabulario[editar | editar a fonte]

Muestra de vocabulario ilirio
Ilirio Galego PIE Latín Albanés Eslavo Grego Outros
alt- corrente, arroio - - - - - -
barba- pantano - - berrak - borboros (baba) s. barburam (auga)
brā1 irmán *bhrātēr frāter - bratь fráter s. bhrātar
brisa hollejo *bherū (ferver) fervere (ferver) *bërsi brujá (torrente) farymós (esterco) tr. brytos (un licor)
cleves- famoso *kleu (oír, escoitar) clārus kluhem (nombre) slovo (palabra) kleos air. cloth (gloria)
mag- grande *meg magnus math - mégas arm. mec
luga charco, pantano *leug- limus lëgatë luzha lygaios (oscuro) lit. liūgas (lodo)
metu- entre, na metade de *medyo- medium mes, midis mežda (calle, camino) méddos arm. mēj
oseriates lago *eg'hero - - *ežera- akhérōn (inframundo) lit. ěžeras
plo- forte, poderoso *plu- plus (más) plot - poly (mucho) -
rinos nubes *reg (lluvia) rigāre (regar) re - - got. rign (lluvia)
sybina lanza *(s)per- sparus shparr *pъro- (sostener) - ger. *speru-
tertigio mercador - tractus (negocio) trege (mercado) *türgü (mercado) - lit. tirgus
teuta- pobo, tribo *teuta- Tota (pueblo de Roma) - - - air. tuath (pueblo)
ves- bondade, amabilidade *wesu- - - veselъ (alegre) *eu (bien) s. vaśu-
sabaium un licor ilirio *sap- (gustar, percibir) sapere (saber) - - - ger. *safan- (jugo)

1vocativo

s. sánscrito,

air. irlandés antigo,

got. gótico,

ger. protoxermano,

lit. lituano,

arm. armenio,

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Villar, Francisco. Los indoeuropeos y los orígenes de Europa. ISBN 84-249-1787-1.
  • Pokorny, Julius. Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch. ISBN 3-7720-0947-6 [1]. (en alemán)
  • Crossland, R. A.. "p. 834-849". Linguistic problems of the Balkan area in the late prehistoric and early classical periods. (en inglés)
  • Polomé, E. C.. "p. 866-888". Balkan languages (Illyrian, Thracian and Daco-Moesian). (en inglés)
  • Wilkes, Jonh. The Illyrians. (en inglés)