Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch ("Dicionario Etimolóxico Indoeuropeo") foi publicado polo investigador checo Julius Pokorny en 1959. A obra está actualmente un pouco desfasada, especialmente porque xa era conservadora no momento en que Pokorny a escribiu, ignorando a teoría das laringais e incluíndo pouco material sobre o tocario ou as linguas anatolias. Pero ante a ausencia de ningún dicionario etimolóxico de linguas indoeuropeas, é aínda de interese para os estudosos do tema.
- French & European Publications (1969), ISBN 0-8288-6602-3
- Francke 4th ed. (2002), 5th ed. (2005), ISBN 3-7720-0947-6
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Leis fonéticas do indoeuropeo.
- Vocabulario indoeuropeo (substantivos).
- Vocabulario indoeuropeo (non substantivos).