Kiko Loureiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKiko Loureiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmúsico , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Megadeth (2015–)
Angra Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPower metal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

Páxina webkikoloureiro.com.br Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2319497 Facebook: KIKOLOUREIROofficial Twitter: kikoloureiro Instagram: kikoloureiro Youtube: UCWu3gUxjwRVJCvSkSNBJGbw Spotify: 5RmLUrjJz5bpP8dF4lYdyK iTunes: 202098188 Musicbrainz: 9c889c79-f903-4f0d-8e1c-1d3a78f864d8 Songkick: 199948 Discogs: 1257415 Allmusic: mn0000867010 Deezer: 581998 Editar o valor em Wikidata

Pedro Henrique "Kiko" Loureiro, nado o 16 de xuño de 1972 no Río de Xaneiro e criado en São Paulo é un compositor e guitarrista brasileiro, membro da banda de thrash Megadeth e antigo membro da banda de power metal Angra.

Carreira[editar | editar a fonte]

O seu mestre Pedro Bueno ensinoulle os primeiros acordes. Aos once anos, iniciou estudos de guitarra clásica, despois tomou clases co guitarrista Aldo D'Isep e comezou a explorar o mundo do rock progresivo, do heavy metal, do jazz e da música de fusión e foi aprendendo os solos e riffs que admiraba. Con dezaseis anos, foi estudar ao antigo IG&T con profesores como Lély Caesar e Mozart Mello. Comezou a tocar en clubs nocturnos de São Paulo e nese tempo coñeceu ao luthier Seizi Tagima, con quen desenvolveu un prototipo, a Tagima Zero. En 1993 viaxou a Alemaña para gravar o primeiro álbum de Angra, Angels Cry.[1]

Referentes[editar | editar a fonte]

Segundo a súa páxina oficial, Kiko ficou fascinado por íconas musicais tan diversas como Jeff Beck, Jimmy Page, Paco de Lucía, Herbie Hancock, Pat Metheny, Astor Piazzolla, Hermeto Pascoal, Jimi Hendrix, Randy Rhoads e Jason Becker, entre outros, e bandas como Black Sabbath, Led Zeppelin, Deep Purple, Iron Maiden e Van Halen. Outros dos seus artistas favoritos son Yngwie Malmsteen, David Lee Roth, Edu Lobo, Tom Jobim, Miles Davis, George Lynch, Queen, The Beatles e Caetano Veloso.

Guitarras[editar | editar a fonte]

Varias empresas asociaron as súas marcas ao seu nome, principalmente as Tagima que o acompañaron en varias xiras. Outra compañía, a xaponesa Stafford, creou un modelo signature de Kiko Loureiro, vendido exclusivamente no Xapón. A ESP tamén creou un modelo signature co seu nome. A marca Ibanez conta con catro modelos co seu nome: KIKOSP, KIKOSP2, KIKO100 e KIKO10P.[1]

Outros instrumentos[editar | editar a fonte]

Ademais da guitarra, Kiko toca o baixo, o piano e a batería. En Temple of Shadows fixo unha aparición co piano e nos seus discos en solitario tocou a batería nalgunhas cancións. No sinxelo "Acid Rain" de Angra tocou o baixo, pois coa marcha de Luiz Mariutti a banda aínda non contaba cun substituto (que máis tarde sería Felipe Andreoli) Xunto a Rafael Bittencourt, son os únicos membros que tocan en todos os discos do grupo.[1]

A pesar de ser zurdo, Kiko toca os seus instrumentos de corda destro, xa que comezou tomando clases de guitarra dese xeito.[1]

Medios[editar | editar a fonte]

Foi columnista durante un ano e dúas veces portada da revista xaponesa Young Guitar, columnista e portada das revistas Guitar & Bass e Cover Guitar e publicou un artigo no American Guitar Player, entre outras publicacións, e foi elixido mellor guitarrista do mundo pola revista Burrn!.[1] Tocou en varios programas de televisión en TV Globo, SBT, RecordTV e ESPN Brasil, entre outros.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Alén de Angra e Megadeth, participou nas bandas Legalize, Kentucky, A Chave, Dominó[2]. Foi chamado para participar no álbum My Winter Storm, de Tarja Turunen, ex-cantante de Nightwish, e foi con ela de xira por Iberoamérica. Kiko participou no NAMM 2008 e NAMM 2009. Actuou xunto a músicos de renome como John DeServio (Black Label Society), Richie Kotzen, Eddie Jackson (Queensrÿche), Joe Satriani, Mike Terrana (que gravou con Loureiro en dous dos seus discos), Doug Wimbish (colaborador de Madonna, Living Color ou Mick Jagger) e Neal Smith (Alice Cooper). Recentemente[cando?] recibiu unha proposta para abrir uns concertos para Iron Maiden, pero non puido debido aos concertos reservados con Angra.[1]

En abril de 2015, Dave Mustaine confirmou a entrada de Kiko como guitarrista da banda estadounidense de trash metal Megadeth e participou nas gravacións desde o 15º álbum da banda, Dystopia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa pianista e teclista finlandesa Maria Ilmoniemi en 2011. Os dous coñecéronse durante o Storm World Tour de Tarja Turunen en 2008. A súa primeira filla, Livia, naceu en setembro de 2011 e o en novembro de 2016 naceron os xemelgos Dante e Stella.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Alén da súa discografía con Angra, publicou cinco discos en solitario. En xaneiro de 2016, Kiko lanzou o seu álbum debut con Megadeth.

Álbums en solitario[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • No Gravity (Álbum, 2005)
  • Universo inverso (Álbum, 2006)
  • Fullblast (Álbum, 2009)
  • Sounds of Innocence (Álbum, 2012)
  • Código aberto (álbum, 2020)

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

con Angra[editar | editar a fonte]

  • Reaching Horizons (demo, 1992)
  • Angels Cry (Álbum, 1993)
    • " Evil Warning " (Sinxelo, 1994)
  • Terra Santa (Álbum, 1996)
  • Freedom Call (EP, 1996)
  • Holy Live (EP en directo, 1997)
  • Fireworks (Álbum, 1998)
    • " Lisboa " (Sinxelo, 1998)
    • " Rainy Nights " (Sinxelo, 1998)
  • Rebirth (Álbum, 2001)
    • " Acid Rain " (Sinxelo, 2001)
  • Rebirth World Tour: Live in São Paulo (Ao vivo, 2001)
  • Hunters and Prey (EP, 2002)
  • Temple of Shadows (Álbum, 2004)
  • Aurora Consurgens (Álbum, 2006)
    • " O curso da natureza " (Sinxelo, 2006)
  • Aqua (Álbum, 2010)
    • " Arising Thunder " (Sinxelo, 2010)
  • Secret Garden (Álbum, 2015)
  • Omni (Álbum, 2018) – Convidado especial

Outros[editar | editar a fonte]

  • Tribuzy – Execution (Álbum, 2005)
  • Tribuzy – Execution Live Reunion (En directo, 2007)
  • Neural Code (Álbum, 2009)

con Megadeth[editar | editar a fonte]

  • Dystopia (Álbum, 2016)
  • Recompilación Warheads On Foreheads (Álbum, 2019).
  • The Sick, The Dying And The Dead (Álbum, 2021)

Videografía[editar | editar a fonte]

Video-Aulas
  • Kiko Loureiro: Estilos,Escalas e Licks (VHS, 1992 /DVD, 2005)
  • Kiko Loureiro: Técnica e Versatilidade (VHS/DVD, 2002)
  • Kiko Loureiro: Os Melhores Solos e Riffs do Angra (VHS/DVD, 2002)
  • Kiko Loureiro: Guitarra Para Iniciantes (DVD, 2008)
  • Kiko Loureiro: Rock Fusion Brasileiro (DVD, 2008)
  • Rock House Kiko Loureiro Creative Fusion (DVD, 2010)
Espectáculos con Angra
  • Rebirth World Tour parte 1: Live in Rio de Janeiro (VHS, 2002)
  • Rebirth World Tour: Live in São Paulo (DVD, 2003)
  • Xira de aniversario de Angels Cry (DVD, 2013)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Biografia". kikoloureiro.com.br. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 2 de xullo de 2022. 
  2. "Angra: Kiko Loureiro relembrando o tempo de Dominó". whiplash.net (en inglés). Consultado o 2021-06-15. 
  3. "MEGADETH Guitarist KIKO LOUREIRO Welcomes Twins With Finnish Wife". 2016-11-21. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]