Deep Purple

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deep Purple
Deep Purple in 2004.jpg
Deep Purple "Mark VIII"
Información
Orixe Londres, Inglaterra Flag of England.svg
Período 1968 - 1976
1984 - actualidade
Xénero(s) hard rock, heavy metal, blues-rock, rock progresivo
Selo(s) discográfico(s) EMI
Edel
Membros Ian Gillan
Steve Morse
Roger Glover
Don Airey
Ian Paice
Antigos membros
Web oficial www.deeppurple.org

Deep Purple, grupo de rock inglés xurdido en 1968 e disolto en 1975, está encadrado dentro da música Hard Rock, aínda que a súa influencia na aparición do Heavy Metal foi fundamental.

Índice

[editar] Traxectoria

Nos seus primeiros tempos integrábano músicos de rhythm and blues como John Lord, Nicky Simper ou o solista Rod Evans, un guitarrista tan duro como Ritchie Blackmore, e un batería tan caracterizado, enerxético e repetitivo coma Ian Paice. Os seus primeiros temas son versións e dan lugar a unha primeira época onde Lord imprime un carácter sintético entre o blues, o rock sinfónico máis denso e algunhas resonancias tomadas de The Beatles, con álbums como Book of Taliesyn e o que leva o nome do grupo e sérvelles de tarxeta de presentación. O teclista Jon Lord sendo un fánatico da música clásica compón en 1970 o Concerto for Group and Orquestra en colaboración có trompetista e compositor británico Malcolm Arnold). Peza que o grupo grava ese mesmo ano no Royal Albert Hall de Londres coa colaboración da Real Orquestra Filarmónica de Inglaterra.

A segunda época, que arranca de 1970, relacionará ós incorporados Ian Gillan (voz) e Roger Glover (produción e baixo), que tomarían partido pola liña propugnada por Blackmore: In Rock (1970) será unha contundente mostra desta etapa, á que seguirón Fireball (1971), Machine Head(1972) e o mítico dobre Made in Japan (1972), que define o seu retrato máis difundido e aceptado, pero a costa de lastrar o futuro da banda, xa que sendo un dos grupos que máis discos en directo sacarón, todos estes se basean nas mesmas 7 cancións, aínda que teñen moitas máis cancións que pagan a pena.

O disco single Smoke On The Water está considerado un clásico no seu xénero polo seu atronador arranxo e a súa repetitiva liña guitarrística.

A banda disgrégase en 1973 coa marcha de Gillan que é substituído por David Coverdale, e a saída de Roger Glover que cambia o seu posto con Glen Hughes. Finalmente en 1975 gravan o Made in Europe durante a última xira do grupo por Europa, nesa época Ritchie Blackmore xa formará a súa propia banda (Ritchie Blackmore´s Rainbow).

A mediados dos anos oitenta a banda recomponse en parte xa que os cambios na guitarra (Ritchie Blackmore, Tommy Bolin...) e no cantante (Ian Gillan, David Coverdale...) son constantes.

[editar] Discografía

[editar] De estudo

  • Shades of Deep Purple - 1968 (Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord)
  • The Book of Taliesyn - 1968 (Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord)
  • Deep Purple - 1969 (Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord)
  • In Rock - 1970 (Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • Fireball - 1971 (Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • Machine Head - 1972 (Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • Who Do We Think We Are? - 1973 (Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • Burn - 1974 (Blackmore-Coverdale-Paice-Hughes-Lord)
  • Stormbringer - 1974 (Blackmore-Coverdale-Paice-Hughes-Lord)
  • Come Taste the Band - 1975 (Bolin-Coverdale-Paice-Hughes-Lord)
  • Perfect Strangers - 1984 (Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • The House of Blue Light - 1987 (Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • Slaves & Masters - 1990 (Blackmore-Turner-Paice-Glover-Lord)
  • The Battle Rages on ... - 1993 (Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • Purpendicular - 1996 (Morse-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • A.BanD.On - 1998 (Morse-Gillan-Paice-Glover-Lord)
  • Bananas - 2003 (Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey
  • Rapture of the Deep - 2005 (Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey)

[editar] En vivo

  • Concerto for Group and Orchestra
  • Deep Purple In Concert
  • Space Vols 1 & 2
  • Gemini Suite Live
  • Scandinavian Nights (Live & Rare)
  • Made in Japan
  • Live in Japan
  • California Jamming (Live in the California Jam)
  • Live in London
  • Made in Europe
  • The final Concerts
  • Days May Come & Days May Go (Rehearsal Tapes)
  • Last concert in Japan
  • This time around
  • On the Wings of a Russian Foxbat
  • In the Absence of Pink (Knebworth 85)
  • Nobody's Perfect
  • Come Hell or High Water
  • Live At NEC
  • Live in the Olympia
  • Total Abandon
  • Live in the Royal Albert Hall
  • Live at the Rotterdam Ahoy

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas