Iron Maiden
| Iron Maiden | |
|---|---|
Actuación do grupo Iron Maiden |
|
| Información | |
| Orixe | Londres, |
| Período | 1975 - actualidade |
| Xénero(s) | heavy metal |
| Selo(s) discográfico(s) | EMI |
| Membros | Bruce Dickinson Dave Murray Adrian Smith Janick Gers Steve Harris Nicko McBrain |
| Antigos membros | Paul Dianno Terry Rance Ron "Rebel" Matthews Dennis Wilcock Bob Sawyer Terry Wapram Thunderstick Tony Moore Doug Sampson Paul Todd Paul Cairns Tony Parsons Dennis Stratton Clive Burr Blaze Bayley |
| Web oficial | ironmaiden.com |
Iron Maiden é unha banda inglesa de heavy metal, orixinaria de Leyton, no East End de Londres.
Índice |
Traxectoria [editar]
A banda foi formada en 1975 polo baixista Steve Harris, un antigo membro de Gypsy's Kiss e Smiler. Iron Maiden é unha das máis exitosas e influentes bandas do New Wave British Heavy Metal. A banda gañou o Premio Ivor Novello polos seus logros internacionais en 2002. Tamén se lles introduciu no Hollywood's Rock Walk durante a súa xira polos Estados Unidos en 2005. Esta banda é considerada por moitos a mellor banda de Heavy Metal da historia.
O nome fai referencia á "dama de ferro", un instrumento de tortura. A historia de Iron Maiden comeza en 1974, cando Steve Harris con 15 anos de idade, inspirado por Wishbone Ash, Black Sabbath, Free, Yes, FM, Jethro Tull e Genesis, comprou un baixo Telecaster por unhas 40 libras. Steve inicialmente tivo a ilusión de ser xogador de fútbol do West Ham, con todo, había unha chea de xogadores de gran calidade e só uns poucos chegaban a ser profesionais. A pesar diso, el continuou adestrando. Tras meditalo seriamente, perdeu todas as esperanzas de ser algún día un xogador profesional, así que comezou a dedicar todos os seus esforzos ao seu outra gran paixón: a música. Isto conduciu á formación dunha banda que chamou "Influence", e que posteriormente pasaría a chamarse Gypsy´s Kiss.
Membros actuais [editar]
- Bruce Dickinson, voz.
- Dave Murray, guitarra.
- Adrian Smith, guitarra.
- Janick Gers, guitarra.
- Steve Harris, baixo.
- Nicko McBrain, batería.
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
| Data de lanzamento | Título | Selo | Ranking de vendas |
|---|---|---|---|
| 14 de abril de 1980 | Iron Maiden | Capitol Records | #4 (UK) |
| 1981 | Killers | Capitol Records | #12 (UK), #78 (US) |
| 29 de marzo de 1982 | The Number of the Beast | EMI | #1 (UK), #33 (US) |
| 1983 | Piece of Mind | EMI | #3 (UK), #14 (US) |
| setembro de 1984 | Powerslave | EMI | #2 (UK), #21 (US) |
| setembro de 1986 | Somewhere in Time | EMI | #3 (UK), #11 (US) |
| abril de 1988 | Seventh Son of a Seventh Son | EMI | #1 (UK), #12 (US) |
| 8 de outubro de 1990 | No Prayer for the Dying | EMI | #2 (UK), #17 (US) |
| 12 de maio de 1992 | Fear of the Dark | Epic Records | # 1 (UK), #12 (US) |
| 2 de outubro de 1995 | The X Factor | CMC International | # 8 (UK), #147 (US) |
| 23 de marzo de 1998 | Virtual XI | CMC International | #16 (UK), #124 (US) |
| 30 de maio de 2000 | Brave New World | Sony | #7 (UK), #39 (US) |
| 8 de setembro de 2003 | Dance of Death | Columbia Records | #2 (UK), #18 (US) |
Álbums en directo [editar]
| Data de lanzamento | Título | Selo | Ranking de vendas |
|---|---|---|---|
| 1980 | Live+One | Capitol Records | |
| 1981 | Maiden Japan | Capitol Records | |
| 14 de outubro de 1985 | Live After Death | Capitol Records | #2 (UK), #19 (US) |
| 22 de marzo de 1993 | A Real Live One | Capitol Records | #3 (UK), #106 (US) |
| 19 de outubro de 1993 | A Real Dead One | Capitol Records | #12 (UK), #140 (US) |
| 8 de novembro de 1993 | Live at Donington | EMI | #23 (UK) |
| 26 de marzo de 2002 | Rock In Rio | EMI | #15 (UK), #186 (US) |
| 30 de agosto de 2005 | Death on the Road | EMI | #22 (UK) |
Recompilatorios [editar]
| Data de lanzamento | Título | Selo |
|---|---|---|
| 1990 | The First Ten Years | EMI |
| 1995 | The Story So Far (Part One) | EMI |
| 1995 | The Story So Far (Part Two) | EMI |
| 24 de setembro de 1996 | Best of the Beast (Disponíbel en tres formatos: 1 CD, 2 CD ou 4 LP) | Raw Power |
| 1998 | Eddie's Head | EMI |
| xullo de 1999 | Ed Hunter (Pack dobre CD/Xogo de PC) | EMI |
| 5 de novembro de 2002 | Edward the Great | EMI |
| 2002 | Eddie's Archive (Edición especial de conxunto limitado e numerado que consta de 3 álbums dobres: Best of the B-Sides, BBC Archives e Beast Over Hammersmith, ademais de regalos) | EMI |
| 5 de xullo de 2005 | The Essential Iron Maiden (Só en Norte-América) | Epic Records |
| 2005 | Edward the Great (Relanzamento do recompilatorio de 2002, substituíndo un dos temas por un tema en directo do tour de 2005) | EMI |