Thrash metal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thrash metal
Orixe musicalNWOBHM, speed metal, hardcore punk
Orixe culturalComezos dos 1980, Estados Unidos de América Estados Unidos, Reino Unido Reino Unido, Alemaña Alemaña
Instrumentos típicosGuitarra - Baixo - Batería - Voz
DerivadosDeath metal, black metal, groove metal
Slayer en concerto en 2007

O thrash metal, moitas veces chamado erroneamente de trash metal (metal lixo), é unha subdivision do heavy metal. As súas orixes remontan á fin da década dos 70 e comezos da década dos 80, cando un gran número de bandas comezou a incorporar elementos da NWOBHM coa nova música punk e hardcore que surxa, creando así un novo estilo. Este novo xénero é moito máis agresivo có speed metal, considerado o seu predecesor. A deferencia do power Metal, que tamén ten influencias do speed Metal, o thrash, ten influencias máis agresivas. Dentro do mundo do heavy Metal, o speed Metal e o thrash Metal, son consideradas as dúas vertentes fundamentais. Algunhas das bandas mais influentes do estilo son Anthrax, Megadeth, Metallica, Kreator, Destruction, Overkill, Slayer, e Testament.

Orixe e Influencias[editar | editar a fonte]

Considérese que o termo Thrash Metal non quere dicir "Metal lixo" (tradución errónea de Trash metal literal do inglés), non é o mesmo Trash que Thrash -con hache intercalado-. Esta é unha confusión habitual incluso para os coñecedores deste estilo musical. O correcto sería traducilo por "Metal Azoutador".

Este estilo ten a súa orixe entre finais dos setenta e principios dos oitenta. Xurdiu grazas aos grupos de speed metal do momento, que incluíron variantes na súa música tales como a agresividade do Hardcore Punk, e fixeron un xénero máis pesado á vez que consevaban a esencia do speed metal. Consedérase como primeira banda "Thrash" a Metallica; porén, o riff da canción Stone Cold Crazy (1974) de Queen, é considerado como o primeiro riff de thrash metal, aínda que esta banda non ten nada que ver con esta tendencia musical. Tamén no disco Stained Class (1978) de Judas Priest, pódense apreciar ideas do que máis tarde sería o Thrash.

Por outra banda, a influencia de Black Sabbath esta sempre presente, tanto na historia do thrash metal, como do heavy metal en xeral.

O grupo máis coñecido do thrash metal é Metallica. Porén, segundo os entendidos, o son puramente "thrash" é o de Venom e Slayer, debido a que Metallica é un grupo que toca moitos estilos. Porén, Venom sufriu un desenvolvemento musical máis cru e evolucionou cara outros estilos como o black metal, que de feito crearon eles.

Representantes[editar | editar a fonte]

Entre os fans do "thrash", son moi coñecidos os chamados "Catro Grandes do Thrash Metal", que son Metallica, Slayer, Anthrax e Megadeth

Megadeth é un grupo que recorda moito a Metallica, posto que o seu líder e fundador, e tamén compositor, fora anteriormente guitarrista de Metallica. Os outros dous (falamos dos "catro grandes") caracterízanse se cadra por un son máis cru e talvez máis "thrash" que os outros dous, aínda que son Metallica e Megadeth os máis populares e os de maior éxito comercial sobre todo en Estados Unidos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.