Herbie Hancock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herbie Hancock en 2008.

Herbert Jeffrey "Herbie" Hancock, nado en Chicago o 12 de abril de 1940, é un pianista e compositor estadounidense. É recoñecido non só como un dos máis grandes músicos de jazz vivo senón tamén como un dos músicos de jazz máis influente do século XX[1]. A súa música toma elementos do funk e o soul e adopta elementos estilísticos máis libres do jazz. Na súa improvisación posúe unha mestura única e creativa de jazz, blues e música clásica moderna, cun estilo harmónico moi influenciado por Claude Debussy e Maurice Ravel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como parte do segundo grande quinteto de Miles Davis, Hancock contribuíu a redefinir o rol da sección rítmica de jazz, e foi un dos principais arquitectos do son "post-bop". Logo sería un dos primeiros músicos de jazz en incorporar os sintetizadores e o funk á súa música. A música de Hancock adoita ser melódica e accesible; ten moitos temas a medio camiño entre o jazz e outras músicas e acadou o éxito entre a audiencia pop.

Os traballos en solitario máis coñecidos de Herbie Hancock inclúen "Cantaloupe Island", "Watermelon Man" (interpretada logo por ducias de músicos, como Mongo Santamaría), "Maiden Voyage", "Chameleon" e os sinxelos "I Thought It Was You" e "Rockit". O seu álbum tributo de 2007 "River: The Joni Letters" gañou o grammy de 2008 ao álbum do ano, sendo un dos dous únicos álbums de jazz en gañalo xunto co Getz/Gilberto en 1965.

É practicante da escola Nichiren do budismo Mahayana.[2]

Notas[editar | editar a fonte]