Power metal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estilo musical subxénero do Heavy Metal derivado do Speed Metal. Podería traducirse como Metal Enérxico ou Metal Potente Esta etiqueta acuñouse para designar un amplo espectro de variedades do Speed Metal. Pode aglutinar ó Speed Metal, ó Metal Melódico, ó Metal Británico, ó Metal Épico, ó Metal Neoclásico, e incorporar elementos de folk (o que se denomina Folk-Metal), Trash Metal, ou incluso Black Metal. Exemplo desta diversidade son grupos tan dispares que acostuman etiquetarse como Power Metal: Gamma Ray, Sarasvatï, Stratovarius, Rhapsody, Blind Guardian, Edguy, e moitos outros.

A diferenza deste, as estruturas dos temas musicais son moi variables, aínda que manteñan unha certa semellanza: varias estrofas, estrofa ponte, retrouso, estrofas (facendo un total de menos versos que nas estrofas iniciais), estrofa ponte (que habitualmente é unha variación da anterior), retrouso, só e retrousos finais. En moitos casos, o tema remata cunha serie de versos a modo de epílogo.

Tamén é moi notable a variabilidade de figuras, patróns rítmicos e tempos, sendo moi comúns os continuos cambios de tempo na mesma canción. Con frecuencia, os retrousos e as estrofas ponte son moito máis corais que no Speed Metal, e acostuman ir precedidas dun brusco cambio de tempo e incluso de tonalidade. Ademais, é moito máis intenso o uso de Power Chords, tanto en seccións rítmicas como nos retrousos.

Os temas musicais acostuman ter unha duración media duns cinco minutos, aínda que son moi frecuentes os temas de seis ou máis. Como moitos dos subxéneros do Heavy Metal, son frecuentes os L.P. que inclúen temas de entre oito e catorce minutos. Estes temas longos, que constitúen o elemento principal do L.P., adoitan ir ó final, aínda que algúns grupos o sitúan en primeiro lugar.