Yngwie Malmsteen
| Yngwie Malmsteen | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 30 de xuño de 1963 (49 anos) |
| Orixe | Estocolmo, Suecia |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Steeler, Alcatrazz, Rising Force, G3, W.A.S.P. |
| Tempo en activo | |
| Web | |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Yngwie Malmsteen, nado coma Lars Johan Yngve Lannerbäck o 30 de xuño de 1963 en Estocolmo, é un guitarrista e compositor sueco afincado en California. Atribúeselle a maior influencia na creación do subxénero coñecido como metal neoclásico e é un dos grandes expoñentes da técnica shredding na guitarra eléctrica durante a década dos 80.
Historia [editar]
Segundo el, todo comezou escoitando a Jimi Hendrix pola radio, ademais de a Ritchie Blackmore (de quen se declara fan abertamente) cando era neno.
Debutou en 1980 con Alcatraz. Ó pouco tempo separouse do grupo para levar a cabo o seu propio proxecto, que chamou Rising Force. As influencias barrocas de Vivaldi ou Bach, e os virtuosismos de Paganini configuraron un estilo moi particular que foi moi decisivo para a aparición do Metal Neo-Clásico.
Achegas técnicas [editar]
A música, en particular o Metal débelle, entre outras achegas, o desenvolvemento de técnicas coma o Sweep Picking, o Contrapúa de alta velocidade, ademais do uso masivo de Obstinatos, técnicas das cales foi un dos pioneiros e maiores expoñentes, na década dos 80.
Discografía [editar]
- Rising Force (1984).
- Marching Out (1985).
- Trilogy (1986).
- Odyssy (1988).
- Trial By Fire / Live in Leningrad (1989).