Justin Doellman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Justin Doellman
Información persoal
Nacemento 3 de febreiro de 1985 (39 anos)
Cincinnati, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos / Kosovo
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Ryle (Union, Kentucky)
Universidade Xavier (2003–2007)
Internacional Kosovo Kosovo (2016−2017)
Carreira 20072018
Historial de equipos
Cholet Basket (2007–2008)
Besançon BCD (2008–2009)
Orléans Loiret Basket (2009–2010)
Lucentum Alicante (2010–2011)
Bàsquet Manresa (2011–2012)
Valencia BC (2012–2014)
FC Barcelona (2014–2017)
Anadolu Efes (2017)
Budućnost Podgorica (2018)
Bàsquet Manresa (2018)
Premios e galardóns
2× Quinteto ideal da Eurocup (2013, 2014)
MVP da ACB (2014)
1× MVP das Finais da Eurocup (2014)

Justin Joseph Doellman, nado o 3 de febreiro de 1985 en Cincinnati, Ohio, é un ex-xogador de baloncesto profesional estadounidense con pasaporte kosovar. Mide 2,08 metros e xogaba na posición de ala-pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doellman xogou durante catro anos ó baloncesto universitario cos Musketeers da Universidade de Xavier, nos que acadou 10.6 puntos e 5.4 rebotes por encontro na NCAA. A súa carreira coma profesional comezou en Francia, onde estivo tres anos en tres equipos diferentes da LNB Pro A. En 2010, asinou co Lucentum Alicante da Liga ACB, onde fixo 13.1 puntos e 6.2 rebotes por partido, e para a tempada seguinte fichou polo Bàsquet Manresa,[1] onde se converteu no segundo máximo anotador da liga con 16.8 puntos por encontro. Ademais, levouse o premio ó mellor xogador do mes de xaneiro.

En 2012, tras unha gran tempada en Manresa, Doellman chegou ó Valencia Basket, onde asinou un contrato para as dúas seguintes tempadas.[2] Foi incluído no mellor equipo da tempada da Eurocup en 2013[3] e en 2014.[4] Nesa segunda ocasión, conseguiu ademais o título da Eurocup co Valencia, e foi elixido coma o mellor xogador das finais.[5] Foi tamén elixido mellor xogador da tempada da Liga ACB na tempada 2013-14.[6]

O 1 de xullo de 2014, Valencia anunciou a decisión de Doellman de non renovar o seu contrato co equipo,[7] e o 9 de xullo asinou un contrato co FC Barcelona.[8] En xuño de 2017 anunciou a súa non renovación por FC Barcelona. O 18 de xullo de 2018, anunciouse a súa volta ó Bàsquet Manresa, recentemente ascendido á Liga ACB.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]