Banco de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A sede principal do Banco de Inglaterra

O Banco de Inglaterra (en inglés, oficialmente, Governor and Company of the Bank of England) é o banco central do Reino Unido, e é o encargado de ditar a política monetaria do estado a través dun Comité de Política Monetaria. Funciona como o Banco Central do Goberno do Reino Unido e entre outras, a súa principal función é a de emitir e controlar a circulación da libra esterlina.

A súa sede atópase en Londres, na rúa Threadneedle, coñecida como a The Old Lady of Threadneedle Street ou The Old Lady (en galego, A dama vella da rúa Threadneedle o A dama vella). O actual gobernador do Banco de Inglaterra é Mervyn King, que substituíu o 30 de xuño de 2003 a Sir Edward George no cargo.

Pertence ao Sistema Europeo de Bancos Centrais, mais, como o Reino Unido non adoptou o euro, non cedeu as súas competencias en materia de política monetaria ao Banco Central Europeo.

Historia do Banco[editar | editar a fonte]

O Banco de Inglaterra, ao igual que o banco de Francia e Alemaña, non comezou como banco estatal nin como empresa da coroa, senón como banco privado, controlado pola dinastía banqueira europea que se instalara en Inglaterra, Francia, Alemaña, Austria e Italia: o clan Rotschild, canda os asociados Khun, Loeb, Lehman, Warburg, etc. A familia Rotschild posuía un enorme poder financeiro en toda Europa pero desexaban aumentalo e así estabelecer as políticas financeiras nos principais países europeos. O Banco foi fundado en 1694, sería nacionalizado o 1 de marzo de 1946 a consecuencia da Segunda Guerra Mundial, e volveu a ser privatizado no 1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]