Touchstone Pictures

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Touchstone Pictures
Tipo División de The Walt Disney Studios
Fundación 1984
Localización Burbank, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Industria Produción cinematográfica
Produtos Filmes
Páxina web waltdisneystudios.com/corp/unit/264

Touchstone Pictures é un estudio de cine americano e un dos numerosos selos The Walt Disney Studios, propiedade de The Walt Disney Company. Fundado en 1984 como Touchstone Films, que normalmente estrea filmes que presentan temas máis maduros con tons máis escuros que os que son lanzados baixo a marca Walt Disney Pictures.

Touchstone Pictures é un selo cinematográfico (semellante a un selo discográfico) que non existe como unha compañía separada: as dúas empresas das que depende son The Walt Disney Studios e Walt Disney Pictures and Television.[1]

Os seus socios de produción de maior éxito comercial nos anos posteriores foron Caravan Pictures, Summit Entertainment, Jerry Bruckheimer Films, Columbia Pictures, Icon Productions, Imagine Entertainment, Mandeville Films, Focus Features, Spyglass Entertainment e DreamWorks Pictures.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Walt Disney Company SEC filing Form 10-K For the Fiscal Year Ended September 30, 2006, page 15

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]