Ron Howard
Ronald William "Ron" Howard, nado en Duncan (Oklahoma) o 1 de marzo de 1954, é un actor, director e produtor de cine estadounidense. É pai da tamén actriz Bryce Dallas Howard.
Traxectoria [editar]
Fíxose famoso como actor na súa infancia, ao dar vida a Opie Taylor na sitcom The Andy Griffith Show durante oito anos, e posteriormente ao adolescente Richie Cunningham en Happy Days durante seis anos. Ron apareceu nos filmes American Graffiti en 1973 e The Shootist en 1976, a última durante o seu traballo en Happy Days. Realizou a súa estrea como director coa comedia de 1977 Grand Theft Auto e deixou Happy Days en 1980 para centrarse na dirección. Entre as súas películas están as gañadoras dun Oscar Cocoon, Apollo XIII e A Beautiful Mind. No ano 2003 foi galardoado coa Medalla Nacional das Artes. O asteroide 12561 Howard foi nomeado así por el.
Filmografía [editar]
| Ano | Título | Notas |
|---|---|---|
| 1969 | Old Paint | curtametraxe |
| Deed of Daring-Do | curtametraxe | |
| Cards, Cads, Guns, Gore and Death | curtametraxe | |
| 1977 | Grand Theft Auto | tamén guionista |
| 1982 | Night Shift | |
| 1984 | Splash | |
| 1985 | Cocoon | |
| 1986 | Gung Ho | tamén produtor executivo |
| 1988 | Willow | |
| 1989 | Parenthood | tamén guionista |
| 1991 | Backdraft | |
| 1992 | Far and Away | tamén guionista e produtor |
| 1994 | The Paper | |
| 1995 | Apollo XIII | |
| 1996 | Ransom | |
| 1999 | EDtv | tamén produtor |
| 2000 | How the Grinch Stole Christmas | tamén produtor |
| 2001 | A Beautiful Mind | Oscar ao mellor director
tamén produtor |
| 2003 | The Missing | tamén produtor |
| 2005 | Cinderella Man | tamén produtor |
| 2006 | The Da Vinci Code | tamén produtor |
| 2008 | Frost/Nixon | nominado ao Osca a mellor director
tamén produtor |
| 2009 | Angels & Demons | tamén produtor |
| 2011 | The Dilemma | tamén produtor |