Casa de area e néboa
| Casa de area e néboa | |
|---|---|
| Título orixinal | House of Sand and Fog |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Vadim Perelman |
| Produtor | Vadim Perelman Michael London |
| Guión | Vadim Perelman Shawn Lawrence Otto basado en la novela de Andre Dubus III |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Jennifer Connelly Ben Kingsley Ron Eldard Shohreh Aghdashloo |
| Música | James Horner Elton Ahi |
| Fotografía | Roger Deakins |
| Montaxe | Lisa Zeno Churgin |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | DreamWorks Distribution LLC (EUA) Miramax Films (RU) |
| Ano | 2003 |
| Duración | 120 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | 16,5 millóns de dólares[1] |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Casa de area e néboa (en inglés, House of Sand and Fog) é unha película do 2003 baseada na novela homónima escrita por Andre Dubus III. É a ópera prima como director de Vadim Perelman.
Índice |
Argumento [editar]
Una muller desempregada, Kathy (Jennifer Connelly), vive nunha casa herdada de seus padres, nela creceu e viviu até ficar soa, despois do seu divorcio. Por non pagar os impostos, o condado embárgalle a casa e póxaa. A propiedade é adxudicada a unha familia de inmigrantes iranianos por unha contía moi por debaixo do seu valor. A súa antiga propietaria négase a deixar a súa casa e acaba provocando conflitos cos novos propietarios, isto coa axuda dun policía que coñecera durante o desaloxo, Lester Burdon (Ron Eldard), que se acaba namorando dela e deixando o seu matrimonio
O matrimonio iraniano composto polo coronel Massoud Amir Behrani, a súa dona Nadi e o fillo Esmail, múdanse a esa casa por problemas económicos e teñen pensado revendela por un prezo máis alto do que lle custou.
O condado recoñece un erro no procedemento, mais para desfacer a venda o actual dono quere que se lle pague o seu verdadeiro valor comercial e o condado non o acepta. O policía intenta amedrentar ao coronel Massoud Amir Behrani para que se retracte da venda e lle devolva a vivenda á antiga dona, mais este non se deixará asoballar e acaba denunciando ao policía ante os seus superiores.
Un día no que Kathy se encontra mal, bébeda e soa, diríxese á entrada da súa antiga e inténtase pegar un tiro. A familia iraniana óllaa e auxíliaa da súa crise. Pouco despois, cando estaba tomando un baño que lle recomendara a señora Nadi, Kathy reintentará o suicidio tomándose un frasco de pastillas, mais dana salvado facéndolle golsar o que consumira. Pouco despois aparece o axente Burdon e encontrándose coa Kathy moribunda, pensando que foron os iranianos quen lle fixeron mal e péchaos a punta de pistola no seu cuarto de baño. Ao día seguinte pactan unha arranxo para este problema pero todo acabará retorto.
Diríxense á "Casa do Condado" o policía Burdon, o pai e o fillo para arranxar os papeis que farán desfacela venda. Na rúa o fillo arrebátalle a arma ao Burdon e outros axentes que estaban arredor dispáranlle e matan o rapaz pensando que era un delincuente. Logo ,Massoud Amir Behrani, o vello, envelenará a súa muller e el asfixiarase envolvendo unha bolsa de plástico á cabeza. Burdon acaba no cárcere e a sorte de Kathy é descoñecida, sendo un final aberto para ela, aínda que nunha escena final pregúntanlle se aquela era a súa casa e ela responde que non, en contraste do que dixo durante todo o filme.
Reparto [editar]
- Jennifer Connelly como Kathy Nicolo
- Ben Kingsley como Massoud Behrani
- Shohreh Aghdashloo como Nadereh "Nadi" Behrani
- Ron Eldard como Lester Burdon
- Frances Fisher como Connie Walsh
- Jonathan Ahdout como Esmail Behrani
- Kim Dickens como Carol Burdon
- Spencer Garrett como Poxador
- Ray Abruzzo como Frank
- Andranik Madadian como Cantante
Premios [editar]
- Mellor actor en filme dramático – Ben Kingsley (candidato)
- Mellor actor principal – Ben Kingsley (candidato)
- Mellor actriz de reparto – Shohreh Aghdashloo (gañadora)
- Mellor filme de novel – Vadim Perelman (candidato)
- Mellor actor principal – Ben Kingsley (candidato)
- Mellor actriz de reparto – Shohreh Aghdashloo (candidata)
- Mellor banda sonora orixinal – James Horner (candidato)
Premio do Sindicato de Actores
- Mellor actor principal – Ben Kingsley (candidato)