O gardián das palabras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gardián das palabras
Ficha técnica
Título orixinalThe Pagemaster
DirectorJoe Johnston
Maurice Hunt
Glenn Chaika
ProdutorDavid Kirschner
Paul Gertz
GuiónDavid Casci
David Kirschner
Ernie Contreras
IntérpretesMacaulay Culkin
Christopher Lloyd
Ed Begley, Jr.
Mel Harris
Patrick Stewart
Whoopi Goldberg
Frank Welker
Leonard Nimoy
George Hearn
Phil Hartman
Jim Cummings
MúsicaJames Horner
FotografíaAlexander Gruszynski
MontaxeKaja Fehr
EstudioTurner Pictures
Distribuidora20th Century Fox (USA) Turner Entertainment (Internacional)
Columbia TriStar (RU VHS)
Warner Bros. (Dereitos de Distribución Internacionais)
Estrea1994
Duración76 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras, Animación
Orzamento$21 000 000
Recadación$13 700 000
Na rede
IMDB: tt0110763 Filmaffinity: 544632 Allocine: 11617 Rottentomatoes: m/pagemaster Mojo: pagemaster Allmovie: v132238 TCM: 86122 TV.com: movies/the-pagemaster Netlix: 60022717Editar o valor em Wikidata

O gardián das palabras (en inglés: The Pagemaster) é un filme de animación e fantasía protagonizado por Macaulay Culkin, Christopher Lloyd, Patrick Stewart, Whoopi Goldberg, Frank Welker e Leonard Nimoy. O filme foi dirixido por Joe Johnston (na parte non animada) e por Glenn Chaika (na animación).

Sinopse[editar | editar a fonte]

Richard Tyler, un neno de 10 anos de idade, vive obsesionado polas estatísticas e ten medo practicamente a todo. Os seus pais exasperados tentaron varias formas de darlle valentía ó seu fillo, pero teñen pouco éxito. O pai de Richard mándao mercar unha bolsa de cravos para que el poida construír unha casa na árbore. Pero Richard vese atrapado nunha treboada e refúxiase na biblioteca. Alí coñece o Sr. Dewey, un excéntrico bibliotecario que procura rapidamente un libro axeitado para Richard e dálle un carné de biblioteca. Porén Richard non quere ningún libro; só quere chamar os seus pais e volver para a casa. O Sr. Dewey indícalle ó rapaz onde hai un teléfono. Richard vaga polos corredores buscándoo, ata que dá cunha gran rotonda, cuxa bóveda está pintada con personaxes de ficción clásicos. Richard non se decata da auga que pinga dende o seu abrigo, e ó moverse cae dando coa cabeza no chan e queda inconsciente. Cando esperta, atopa as pinturas da rotonda desfacéndose, chorreando e formando unha onda de cor que o transforma a el e á biblioteca en debuxos.

Richard é abordado polo Gardián das Palabras, que o envía a unha viaxe na sección de ficción para atopar a "saída". Ó longo do camiño, Richard faise amigo de tres libros "humanizados"; Aventura, un libro pirata; Fantasía, un libro de contos de fadas; e Terror, un libro de medo. Os tres acordan axudar a Richard a atopar a saída se lles promete sacalos da biblioteca co seu carné.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]