Hocus Pocus
| Hocus Pocus | |
|---|---|
| Título orixinal | Hocus Pocus |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Kenny Ortega |
| Produtor | Steven Haft David Kirschner |
| Guión | Mick Garris Neil Cuthbert |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Bette Midler Kathy Najimy Sarah Jessica Parker Omri Katz Vinessa Shaw Doug Jones Jason Marsden Thora Birch Amanda Shepherd Kathleen Freeman Charlie Rocket Stephanie Faracy Sean Murray |
| Música | John Debney James Horner |
| Fotografía | Hiro Narita |
| Montaxe | Peter E. Berger |
| Estudio | |
| Distribuidor | Walt Disney Pictures |
| Ano | 1993 |
| Duración | 95 minutos |
| País | |
| Xénero | Fantasía |
| Orzamento | $28.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Hocus Pocus é un filme dirixido por Kenny Ortega que foi estreado en 1993. A historia ten como eixo central a festividade de Halloween, durante a cal un rapaz chamado Max, resucita sen querelo tres meigas, as irmás Sanderson, que foran aforcadas trescentos anos atrás.
Índice |
Argumento [editar]
En 1693, tres meigas chamadas Winifred, Mary e Sarah foron condenadas a morte en Salem, Massachusetts, por facer bruxería. Elas roubáronlle a alma a unha nena, Emily Binx, para recuperar a súa xuventude, e transformaron ó irmán de Emily, Thachery, nun gato negro que non pode morrer. Trescentos anos despois, o día de Halloween, Max Dennison devólvelles a vida sen querelo ó acender a Candea da Virxe na casa-museo das irmás. Coa axuda da súa irmá pequena, unha compañeira de clase e un gato negro inmortal, Max terá que atopar o xeito de voltar todo á normalidade.
Personaxes [editar]
- Omri Katz como Max Dennison, o protagonista.
- Bette Midler como Winifred "Winnie" Sanderson, a xefa das irmás Sanderson.
- Sarah Jessica Parker como Sarah Sanderson, a segunda das irmás Sanderson.
- Kathy Najimy como Mary Sanderson, a terceira irmá meiga.
- Thora Birch como Dani Dennison, a irmá pequena de Max.
- Vinessa Shaw como Allison, a compañeira de clase que lle gusta a Max.
- Sean Murray como Thackery Binx (na súa forma humana) Jason Marsden (a súa voz de humano no corpo de gato)
- Doug Jones como Billy Butcherson, antigo amante de Winifred, agora resucitado en zombi.
- Charles Rocket como Dave Dennison, o pai de Max e Dani.
- Stephanie Faracy como Jenny Dennison, a nai de Max e Dani.
- Amanda Shepherd como Emily Binx, a irmá pequena de Thackery.
- Larry Bagby como Ernie / "Ice" o líder do grupo de matóns do instituto.
- Tobias Jelinek como Jay, o amigo de Ernie.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)