Apollo 13 (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apollo 13
Título orixinal Apollo 13
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Ron Howard
Produtor Brian Grazer
Guión William Broyles, Jr.
Al Reinert
Baseado en Lost Moon de Jim Lovell e Jeffrey Kluger
Intérpretes Tom Hanks
Kevin Bacon
Bill Paxton
Gary Sinise
Ed Harris
Música James Horner
Fotografía Dean Cundey
Montaxe Daniel P. Hanley
Mike Hill
Estudio Imagine Entertainment
Distribuidor Universal Pictures
Ano Flag of the United States.svg 30 de xuño de 1995
Duración 140 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero {{{xénero}}}
Orzamento $52.000.000[1]
Recadación $355.237.933
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Apollo 13 é unha película estadounidense de 1995, dirixida por Ron Howard. Está protagonizado por Tom Hanks, Kevin Bacon, Bill Paxton, Gary Sinise e Ed Harris. O guión é obra de William Broyles, Jr. e Al Reinert, que dramatiza a misión lunar abortada de 1970 Apollo 13. O filme é unha adaptación do libro Lost Moon do astronauta Jim Lovell e Jeffrey Kluger.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Narra a historia da nave espacial Apollo 13, que despegou con tres astronautas a bordo para viaxar á Lúa, onde dúas deles realizarían tarefas de exploración. Unha vez no espazo prodúcese unha explosión a bordo. As avarías resultantes poñen en serio perigo a vida dos tres homes. Eles convértense agora na máxima prioridade do centro de control de Houston. Con todo, a nave debe continuar a súa viaxe cara á Lúa e aproveitar a súa forza gravitatoria para dar a volta e volver á Terra. Pero ninguén sabe se a nave resistirá durante os minutos que durará a entrada na atmosfera terrestre.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Características[editar | editar a fonte]

Está baseada no libro Lost Moon, de Jim Lovell e Jeffrey Kluger. Gañou dous Premios Oscar, ó mellor son, e á mellor montaxe, e obtivo outras sete nomeamentos, á mellor película, ao mellor actor de reparto (Ed Harris), á mellor actriz de reparto (Kathleen Quinlan), á mellor dirección artística, ao mellor guión adaptado, aos mellores efectos especiais, e á mellor música.

  1. "CNN Showbiz News:Apollo 13". CNN. http://www.cnn.com/SHOWBIZ/Movies/Apollo13/index.html. Consultado o 9 de abril de 2009.