Hermes co neno Dioniso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hermes co neno Dioniso escultura de mármore no museo arqueolóxico de Olimpia.

Hermes co neno Dioniso, tamén chamado Hermes de Olimpia é unha obra escultórica grega de mármore de 2,13 m de alto creada polo escultor Praxíteles arredor do ano 343 a.C. Trátase dunha obra exenta vulto redondo que se exhibe actualmente no Museo Arqueolóxico de Olimpia, dende o seu descubrimento por parte de arqueólogos alemáns nas ruínas do tempo dedicado a Hera en Olimpia no ano 1877.

A temática da obra é a mitoloxía clasica grega, xa que se representa ao deus Hermes sostendo a Dioniso de bebe. Segundo o mito, Dioniso era fillo de Zeus e Sémele (princesa de Tebas, que morreu cando Zeus se mostrou no seu aspecto divino). Á morte da súa nai, Zeus extraeu ao neno do ventre da nai e o gardou no interior do seu muslo durante nove meses. Esta escultura recolle o momento no que Hermes (fillo de Zeus e Maya) leva ao seu medio irmán aos reis de Orcómeno, temendo que Hera queira vingarse da infidelidade do se marido Zeus.

Hermes fai unha parada no camiño para ofrecer un acio de uvas ao neno, unha alusión ao futuro de Dioniso, xa que será o deus do viño. No rostro de Hermes conflúen o sorriso e a fatiga.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hermes co neno Dioniso Modificar a ligazón no Wikidata