Racionalismo arquitectónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O racionalismo arquitectónico é unha corrente xurdida en Europa trala I Guerra Mundial que defende o funcionalismo dos edificios, a ausencia de decoración, a ruptura cos valores históricos e a influencia da produción industrial.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Os seus precedentes máis inmediatos podémolos atopar en arquitectos como Adolf Loos e Otto Wagner entre outros. En Alemaña o racionalismo está representado por Walter Gropius, fundador da Bauhaus e o seu colaborador Mies van der Rohe. Nos Países Baixos os integrantes do grupo De Stijl (O Estilo) defenden os eses postulados, apreciables en obras como a Casa Schröder (1924), obra de G.R. Rietveld. Independente de ambos grupos, o suízo Le Corbusier é outra das personalidades máis destacadas e influentes desta corrente que se estendeu por todo o mundo.