Estrella Galicia Xacobeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Estrella Galicia edición especial Xacobeo foi unha edición especial lanzada por Estrella Galicia en maio do 2010 co gallo do Ano Santo.

Estrella Galicia, empresa socia do Xacobeo 2010, decidiu acompañar a celebración do ano Santo co lanzamento dunha cervexa especificamente deseñada para o ano 2010, a Estrella Galicia edición especial Xacobeo. Dende a compañía, o lanzamento deste produto supón unha homenaxe a un ano moi especial para Galiza, creando unha edición limitada con botellas serigrafiadas de 33cl en caixas de seis unidades.

Esta cervexa foi presentada o 22 de marzo do 2010 en Alimentaria 2010,[1] o maior encontro do sector da alimentación e de bebidas do Estado español, onde foi presentada pola empresa Hijos de Rivera xunto con outras novidades do ano nun stand de máis de 200 metros cadrados.

Esta cervexa estaba elaborada con 100% malte e con lúpulo cultivado en Galiza. A produción desta edición especial limitouse a 300 000 litros.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hijos de Rivera presenta importantes novedades en Alimentaria 2010". Estrella Galicia (en castelán). 2010-05-22. Consultado o 2022-09-03. 
  2. "2010: Estrella Galicia edición especial Xacobeo" (en castelán). Consultado o 2022-09-03.