Cornes, Conxo, Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa das Asociacións. Rehabilitación e adaptación da antiga estación de tren de Cornes, punto de partida, o 15 de setembro de 1873, do primeiro tren galego co traxecto Compostela-Carril.

Cornes é un lugar do antigo concello de Conxo, situado ao suroeste de Santiago de Compostela e dende 1925 integrado neste.[1] Cornes aínda existe como núcleo e novas rúas, hortas e campos, entre a avenida de Romero Donallo, a avenida de Vilagarcía, Conxo e a Pontepedriña.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe do nome Cornes podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes,[Cómpre referencia] que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área urbanizada sucesivamente dende inicios do século XX. En Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28). Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra, na actual praza de Vigo, naceu Rosalía de Castro.[2]

Cornes-O Carril foi a primeira liña de camiño de ferro de Galicia, inaugurada o 15 de setembro de 1873.[3][4] Ao redor da estación levantáronse almacéns de aceite, viño, carbón, froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente marmoristas, carpinteiros e tallistas. Había tamén unha canteira de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira.

Cultura[editar | editar a fonte]

En Cornes

Formoso campo de Cornes,
Cando te crobes de lirios
Tamén se me crobe á yalma
De pensamentos sombrisos.
De Cornes lindo lugare
Que cruzan tantos camiños,
Anque cuberto de rosas,
As rosas, tamén fan guizos.
[...]
—Rosalía de Castro,
recollido en Follas Novas.[5]

Cornes ten adicado un poema no libro Follas Novas de Rosalía de Castro, En Cornes.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ferrocarril Carril-Cornes(en castelán)
  2. 2,0 2,1 "Pegadas da vida de Rosalía en Compostela". As Pegadas de Rosalía. Consultado o 2020-04-23. 
  3. "Ciento cuarenta años del tren Cornes-Carril, primera línea de Galicia". El Correo Gallego (en castelán). 8 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de maio de 2016. 
  4. A historia dun ferrocarril: A liña Vigo - Ourense 1861-1881
  5. Follas Novas

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Conxo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela

Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro

Parroquias de Santiago de Compostela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)