Universidade Pontificia Comillas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Pontificia Comillas
Reloj de Areneros-UP Comillas.jpg
Reloxo de Areneros, situado na parte superior do edificio de ICADE
Localización: EspañaMadrid, España
Reitor: Julio Luis Martínez Martínez, S.J.
Estudantes: 11.149
Enderezo: C./ Alberto Aguilera, 23 Madrid
Páxina web: upcomillas

A Universidade Pontificia Comillas é unha universidade privada, da Igrexa Católica, dirixida pola Compañía de Xesús, con sé en Madrid.

Conta con 9.301 alumnos e 1.712 profesores.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Vista parcial do complexo no que se aprecia o Seminario Maior da antiga universidade de Comillas deseñado por Lluís Domènech i Montaner. Actualmente o complexo é propiedade do Goberno de Cantabria e sé da Fundación Comillas.

Foi creada como Seminario de San Antonio de Padua de Comillas o 16 de decembro de 1890 en Comillas (Cantabria), erixido polo Papa León XIII, mediante o Breve "Sempiternam Dominici Gregis".[2] Nos seus inicios era un seminario católico para a formación de candidatos ao sacerdocio, promovido a instancias do pai xesuíta Tomás Gómez Carral (1837-1898) e construído polo seu patrocinador, Antonio López y López (1817-1883), primeiro marqués de Comillas, e o seu fillo Claudio López Bru (1853-1925), segundo marqués de Comillas, que continuaría a labor do seu pai. A súa disciplina interna e calidade académica fixeron del un lugar no que confluíron un importante número de vocacións sacerdotais procedentes de todas as dioceses españolas, hispanoamericanas e de Filipinas. O aumento da súa actividade fixo que paulatinamente foran agregándose novos edificios aos xa existentes: Seminario Maior (1882), Seminario Menor (1912), Colexio Máximo (1944) e o Colexio Hispanoamericano (1946).

O 19 de marzo de 1904, o Papa San Pio X concede ó Seminario Pontificio de Comillas, por medio do Decreto "Praeclaris honoris argumentas", a facultade de conferir grados académicos en Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico, converténdoo en Universidad Pontificia.

O 24 de xaneiro de 1969, o Papa Pablo VI autoriza e referenda mediante carta ao Gran Chanceler o traslado a Madrid da universidade e a súa apertura á ensinanza de segrares.

O día 20 de xuño de 1978 realizouse a erección canónica e a incorporación da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, da Facultade de Dereito e da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (centros universitarios de ICAI-ICADE) á agora denominada Universidade Pontificia Comillas. O Estado Español recoñeceu plenos efectos civís aos estudos cursados nas mencionadas Escolas e Facultades, por Real Decreto 1610/1979, de 4 de abril, de conformidade co establecido no Convenio entre a Santa Sé e o Goberno Español de 5 de abril de 1962.

Posteriormente incorporáronse á universidade novos centros de estudo e investigación, ata chegar ás 4 facultades, 2 escolas e 7 institutos que a compoñen actualmente.

Campus e centros[editar | editar a fonte]

Edificio de ICAI
  • Rúa Santa Cruz de Marcenado 26, Madrid
    • Instituto de Investigación Tecnolóxica
  • Rúa Quintana 21 e 23, Madrid
    • Facultade de Ciencias Humanas e Sociais
    • Instituto Universitario de Estudos sobre Migracións
    • Cátedra Javier Benjumea (Focus-Abengoa) de Ética Económica e Empresarial
  • Rúa Universidad de Comillas 3-5, Cantoblanco
    • Facultade de Teoloxía
    • Facultade de Ciencias Humanas e Sociais
    • Instituto Universitario de Ciencias da Educación
  • Avenida de San Juan de Dios 1, Ciempozuelos
    • Escola Universitaria de Enfermería e Fisioterapia "San Juan de Dios"

Antigos alumnos[editar | editar a fonte]

Fachada do edificio de ICADE na rúa Santa Cruz de Marcenado

Na Universidade Pontificia Comillas formáronse importantes profesionais para a vida económica de España, especialmente na rama do dereito e a empresa. Podemos citar entre diversos empresarios de renome a Sebastián Escarrer (Conselleiro delegado de Sol Meliá), Juan Arena (presidente de Bankinter), Carlos Espinosa de los Monteros (presidente de Mercedes Benz España), Javier Benjumea (presidente de Abengoa), Amparo Moraleda (directora da área Internacional de Iberdrola), Ignacio Sánchez Galán (presidente de Iberdrola), Fernando Conte (ex presidente de Iberia), Magda Salarich Fernández de Valderrama (conselleira delegada de Citröen) ou Rafael Miranda (conselleiro delegado de Endesa). Na política, algúns alumnos acadaron postos de importancia, incluíndo a Diego López Garrido (Secretario de Estado para a Unión Europea), Pilar Barreiro Álvarez (alcaldesa de Cartagena), José Bono (ministro), Rodrigo Rato, Enrique Barón (ministro) ou Ginés López (ex alcalde de Arganda del Rey).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]