Elena Varela de Fátima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElena Varela de Fátima
Biografía
Nacemento26 de maio de 1999 (24 anos)
Pamplona, España España
Datos persoais
ResidenciaMonforte de Lemos, Galicia Galicia
Altura1,62 m
Actividade
DeporteTaekwondo
Membro do equipo deportivoClub Taekwondo Neka

Elena Varela de Fátima, nada en Pamplona o 26 de maio de 1999, é unha taekwondista galega que foi subcampioa de España e participou en dous campionatos do mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Pamplona por casualidade, é de Monforte de Lemos, onde vive dende que naceu.

En xuño de 2011 gañou a medalla de ouro no campionato provincial escolar, na categoría alevín.[1] Participou en xaneiro de 2012 no campionato galego de promesas disputado en Cangas, no que gañou a medalla de ouro.[2] No campionato galego escolar foi bronce.[3] En setembro de 2012 conseguiu a medalla de bronce no torneo Concello de Vilalba,[4] medalla que tamén conseguiu no campionato galego cadete en Noia.[5] Participou en marzo de 2013 no campionato galego, no que se proclamou subcampioa.[6]

En novembro de 2015 gañou a medalla de bronce no Open Cidade de Vilalba.[7] En marzo de 2016 participou no campionato galego celebrado en Teo, no que gañou a medalla de bronce en parellas con Álex Losada.[8] En xuño debutou no campionato de España disputado en Marina d'Or (Castelló), no que foi novena na modalidade de freestyle.[9]

A tempada 2016/17, no Open de Ribeira foi bronce individual e en parellas xunto a Álex Losada,[10] medalla que tamén conseguiron no Campionato de España disputado en decembro en Alacant.[11] En xaneiro de 2017 foi medalla de ouro no campionato galego celebrado en Cangas.[12] No campionato galego celebrado en Monforte en febreiro, gañou a medalla de ouro en trío xunto a Sabela González e Meritxell Varela, ademais de dous bronces, individual e en parellas xunto a Álex Losada.[13] Foi tamén o ano do seu debut internacional (e do Ximnasio Neka) no Open de Bruxelas, en Bélxica.[14] No Open de España celebrado en Alacant, o trío xunto a Meritxell Varela e Sabela González acadou a quinta praza[15] e no Open Nacional de Marina d'Or acadou a medalla de ouro de xeito individual e tamén en parellas xunto a Álex Losada.[16]

A tempada 2017/18 comezou cun metal de bronce no Open de València, en parellas xunto a Álex Losada,[17] e cunha medalla de prata na modalidade de freestyle no Open de Navarra.[18] En novembro foi medalla de prata na Copa Xunta de Galicia disputada en Teo,[19] mentres que no torneo Vila de Moaña foi prata en freestyle individual, en parellas xunto a Álex Losada e en trío con Meritxell Varela e Diana Torres, ademais de bronce en técnica individual.[20] No Campionato de España en Marina d'Or conseguiu unha medalla de prata en trío con Meritxell Varela e Diana Torres, e unha de bronce en parellas con Álex Losada.[21] No campionato galego celebrado en Monforte en xaneiro de 2018 foi bronce na modalidade individual, en freestyle e en parellas xunto a Álex Losada.[22] En xaneiro participou tamén no Open de Francia en Lille, onde gañou a medalla de bronce en freestyle xunto a Carlos Rey.[23] No Open de Madrid foi bronce en freestyle e tamén xunto a Álex Losada,[24] mentres que no Open de Andalucía foron prata. A parella debutou no mes de abril no mundial de taekwondo praia na illa grega de Rodas, no que acadaron a medalla de bronce.[25] No campionato de España foron medalla de prata.[26]

A tempada 2018/19 comezou sendo declarada deportista galega de alto nivel pola Xunta.[27] Obtivo dous ouros no Open de Ribeira, en parellas con Álex Losada e tamén de xeito individual.[28] No Open de Madrid Embaixador de Corea a parella foi bronce.[29] Malia que quedaran segundos no ránking nacional, a baixa da parella líder pola lesión dunha das súas compoñentes fixo que puideran participar no Campionato do Mundo de taekwondo celebrado en Taipei (Taiwán) entre o 15 e o 18 de novembro de 2018.[30] A pesar da súa boa actuación non puideron superar a primeira fase do campionato.[31] Na Copa Xunta celebrada en Vigo acadou a medalla de bronce.[32] No campionato galego celebrado en xaneiro de 2019 en Monforte acadou unha medalla de prata en parellas na modalidade de técnica e dous bronces, individual e en parellas en freestyle.[33] No Open de Alemaña foi oitava en parellas na modalidade de técnica e sétima en freestyle xunto a Álex Losada.[34] No Open de Andalucía conseguiron dous bronces por parellas, en técnica e freestyle[35] e no Campionato de España en Alacant acadaron a prata.[36] No torneo Cidade de Ourense fíxose con dúas medallas: bronce individual e ouro en freestyle xunto a Álex Losada.[37]

En novembro de 2019 acadou dúas medallas no Cidade de Pontevedra, bronce individual e prata en parellas xunto a Álex Losada,[38] medalla que tamén acadaron no torneo Vila de Moaña.[39] No Campionato de España disputado en Alacant foi bronce en freestyle, mentres que en parellas foi subcampioa xunto a Álex Losada.[40] No primeiro Open de Monforte fíxose coa medalla de prata individual e dúas de ouro en parellas, tanto en técnica como en freestyle.[41] Tamén foi prata na Copa Xunta en Sada.[42] No campionato galego disputado en Monforte obtivo a medalla de prata en parellas xunto a Álex Losada.[43]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos do mundo[editar | editar a fonte]

Ano Campionato Lugar Modalidade Categoría Medalla Observacións
2018 Campionato Mundial de Praia Poomsae Grecia Rodas, Grecia Freestyle Parellas sub-18 Bronce xunto a Álex Losada

Campionatos de España[editar | editar a fonte]

Ano Campionato Lugar Categoría Medalla Observacións
2019 Campionato de España de clubs de Poomsae Alacant Parellas +18 Prata Xunto a Álex Losada
Freestyle Bronce
Campionato de España de Poomsae Alacant Parellas 18-30 anos Prata Xunto a Álex Losada
2018 Campionato de España e clubs de Poomsae Marina d'Or, Castelló Parellas Prata Xunto a Álex Losada
2017 Campionato de España de clubs de Poomsae Marina d'Or, Castelló Trío Prata Xunto a Meritxell Varela e Diana Torres
Parellas sénior Bronce Xunto a Álex Losada
2016 Campionato de España de clubs de freestyle Alacant Parellas -17 Bronce Xunto a Álex Losada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O taekwondo monfortino suma medallas". La Voz de Galicia. 7 de xuño de 2011. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  2. "O Neka brillou no galego de promesas de taekwondo". La Voz de Galicia. 29 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  3. "O Neka logrou cinco medallas no galego de taekwondo". La Voz de Galicia. 29 de abril de 2012. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  4. "El Gimnasio Neka logró tres medallas en el torneo de Vilalba de taekuondo". La Voz de Galicia. 13 de setembro de 2012. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  5. "O Neka conquistou catro medallas no galego". La Voz de Galicia. 16 de setembro de 2012. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  6. "Iago García conquistou o campionato galego de taekwondo". La Voz de Galicia. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  7. "O Ximnasio Neka conquistou dezaoito medallas en Vilalba". La Voz de Galicia. 24 de novembro de 2015. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  8. "O Ximnasio Neka obtivo seis medallas no torneo galego de taekwondo en Teo". La Voz de Galicia. 6 de marzo de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  9. "O Neka logrou catro medallas no campionato de España". La Voz de Galicia. 14 de xuño de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  10. "O Ximnasio Neka conquistou dezanove medallas en Ribeira". La Voz de Galicia. 11 de outubro de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  11. "Laura Álvarez, campioa de España de taekwondo". La Voz de Galicia. 9 de decembro de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  12. "O Ximnasio Neka bordouno no campionato galego de promesas". La Voz de Galicia. 24 de xaneiro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  13. "Dez medallas monfortinas no campionato galego". La Voz de Galicia. 27 de febreiro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  14. "Sobresaínte no debut europeo". La Voz de Galicia. 21 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  15. "O Ximnasio Neka non se olvida de gañar". La Voz de Galicia. 25 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  16. "O Neka logrou sete medallas no Open Nacional". La Voz de Galicia. 26 de abril de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  17. "Elena Varela e Álex Camba bórdano no Open de Valencia". La Voz de Galicia. 10 de outubro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  18. "O Neka logrou dúas medallas no Open de Navarra". La Voz de Galicia. 24 de outubro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  19. "O Neka logrou dezaoito medallas na copa Xunta". La Voz de Galicia. 23 de novembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  20. "Os deportistas do Ximnasio Neka bordárono no torneo Vila de Moaña". La Voz de Galicia. 30 de novembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  21. "O Neka abónase ás medallas". La Voz de Galicia. 8 de decembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  22. "Nove medallas para o Neka". La Voz de Galicia. 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  23. "Elena Varela e Carlos Rey, do Neka, acadan un bronce no Open de Lille de taekwondo". En Común. 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  24. "Elena Varela e Álex Camba loitarán por ir ao mundial de Taipei". La Voz de Galicia. 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  25. "Bronce histórico para o Neka". La Voz de Galicia. 28 de abril de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  26. "O deportista do Neka, Daniel Areán, novo campión de España". La Voz de Galicia. 29 de maio de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  27. "Elena Varela é nova Deportista Galega de Alto Nivel". La Voz de Galicia. 6 de outubro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  28. "Trece medallas para el Neka en el Open de Ribeira". La Voz de Galicia. 16 de outubro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  29. "Marco García e Carla Pardo debutaron cun bronce no Open de Madrid". La Voz de Galicia. 4 de novembro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  30. "Álex Camba e Elena Varela, directos ao mundial de taekwondo". La Voz de Galicia. 27 de agosto de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  31. "Estrea sen premio en Taiwán". La Voz de Galicia. 16 de novembro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  32. "O Ximnasio Neka bate o récord de medallas na copa Xunta". La Voz de Galicia. 19 de decembro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  33. "O Ximnasio Neka logrou 12 medallas no campionato galego". La Voz de Galicia. 29 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  34. "Álex Camba clasifícase para o campionato de Europa". La Voz de Galicia. 3 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  35. "Os deportistas do Neka logran oito medallas en Andalucía". La Voz de Galicia. 3 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  36. "Campionato de España Sénior". Real Federación Española de Taekwondo. 3 de marzo de 2019. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  37. "O Neka gañou o torneo Cidade de Ourense de taekwondo". La Voz de Galicia. 25 de xuño de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  38. "O Ximnasio Neka logrou 14 medallas no Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia. 5 de novembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  39. "Quince medallas para o Neka en Moaña". La Voz de Galicia. 27 de novembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  40. "O taekwondo local brillou en Alacant". La Voz de Galicia. 6 de decembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  41. "O Ximnasio Neka arrollou no Open de Monforte de taekwondo". La Voz de Galicia. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  42. "O Ximnasio Neka logrou 12 medallas na copa Xunta". La Voz de Galicia. 22 de decembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  43. "O Neka conquistou dezasete medallas no galego de taekwondo". La Voz de Galicia. 21 de xaneiro de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020.