Mestre Mutenroi
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Mestre Mutenroi (武天老師 (むてんろうし) ou 亀仙人 (かめせんにん)?) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball.
Índice |
Características [editar]
Discípulo do Mestro Mutaito, o seu dominio das artes marciais e un auga estraña que tomou anos atrás dotárono cunha lonxevidade sen límites. É un dos humanos máis poderosos durante a primeira parte da obra e preocúpase de que os seus alumnos orienten as súas técnicas para facelo ben. É o creador da famosa técnica de combate Onda Vital.
Os que o coñecen téñeno por un vello verde, debido á súa afección polas revistas pornográficas e por tocarlle o cu máis ou menos sen querer a Bulma e a outras mulleres. Ten amizade con varias tartarugas, entre elas Umigame. Cando Bulma arranxa o Radar antes da chegada dos Guerreiros do espazo, nese momento a súa forza é de 139 unidades.
Jackie Chun [editar]
Jackie Chun (ジャッキー チュン Jakkī Chun?) é a identidade falsa que empregou o mestre para participar no 21° e 22° Campionato Mundial das Artes Marciais. O seu obxectivo era que os seus alumnos non gañaran o torneo para que a fama non se lles subise á cabeza e se decatasen de que sempre hai alguén mellor. No 21º Torneo quedou campión, derrotando a Son Goku na final. No 22º Torneo, rendeuse ante Ten Shin Han porque viu o forte que era e pensou que sería o opoñente indicado para Goku. E no 23º Torneo rexeitou presentarse ó torneo, xa que pensaba que os seus alumnos e os demais participantes nese torneo, como Piccoro, o superaran amplamente.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||||||||||||||||||||
