Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O camiño cara ó máis forte (最強への道, O camiño cara ó máis forte? Saikyō e no Michi) é o 17ª filme baseada na serie de manga e anime Dragon Ball, e a cuarta da etapa Dragon Ball, foi estreada o 2 de marzo de 1996. Fíxose con motivo do 10º aniversario da serie, e conta dun xeito diferente e alternativo a historia de Dragon Ball dende o comezo da serie ata o final do Exército Red Ribbon, cunha mellora gráfica.
Son Goku coñece a Bulma, e xuntos deciden ir na busca das sete Bólas do Dragón para resucitar ó Dragón Shenron e pedirlle un desexo. Durante a viaxe, coñecen a Oolong, Yamcha e Puar. Todos xuntos embárcanse nunha perigosa aventura enfrontándose ó terrible exército da Red Ribbon, mandados polo malvado xeneral White. Goku combate a robots de gran poder e espectaculares técnicas de combate. Unha vez superado o obstáculo, o grupo segue o seu camiño ata enfrontarse ó xeneral Blue coa axuda do Mestre Mutenroi.
Personaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]