Oolong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Oolong (ウーロン Ūron?) é un dos personaxes que forma parte do grupo que acompaña a Son Goku e Bulma na primeira busca das Bólas do Dragón. O seu nome provén do Té oolong (烏龍, pinyin:wūlóng), unha variedade de chinés coñecido como té do dragón; literalmente Oolong significa dragón negro en mandarín. Representa ó personaxe Zhu Bajie da historia chinesa Viaxe ó Oeste.

É un porco humanoide de 121 cm e 32 kg, ten a capacidade de converterse en calquera cousa, aínda que a diferencia de Puar o seu adestramento está incompleto e só dura 5 minutos. É coñecida a súa devoción dende pequeno polas mulleres. Na súa primeira aparición, e en varias ocasións de toda a serie, aparece vestido co uniforme do Partido Comunista de China.

Naceu no ano 740 da Cronoloxía de Dragon Ball e de neno estudou, xunto con Puar, no Nanbu Henshin Yōchien (南部変身幼稚園 Parvulario de Transformación do Sur?) onde aprendeu as súas habilidades. Porén, non chegou a acabar o curso debido a que o expulsaron por facerlle travesuras ás mestras.

Tras iso, viaxou a unha aldea onde aproveitou as súas transformacións para esixir cartos ós aldeáns e raptar a tódalas nenas para casar con elas. Porén, un día chegaron á aldea Bulma e Son Goku en busca dunha das Bólas do Dragón. Oolong tratou de facer crer a Goku que era un ser imposible de vencer, pero el non llo creu e o porco converteuse en morcego para fuxir. Como Goku o perseguiu na Nube Kinto, decidiu transformarse en mísil, pero acabóuselle o tempo, e rematou por renderse para non caer ó chan. Despois disto, Bulma decidiu que fose con eles na busca das bólas. Durante esa busca non tivo maior papel que o de condutor e mesmo intentou fuxir varias veces. Cando Pilaf lles roubou os artefactos e estaba a piques de desexar ser o rei do mundo, Oolong impediullo desexando unhas bragas. Ó final decidiu ir xunto con Bulma e Yamcha á cidade.

O resto da serie apenas tivo papeis importantes. O único que se sabe del é que vive na casa do Mestre Mutenroi.

Aparece no segundo filme de Dragon Ball Z, O máis forte do mundo. Nel, xunto con Son Gohan vai ás montañas de Tsumisumbri en busca das Bólas do Dragón que se estaban reunindo, pero chegaron tarde e o Doutor Cochin pediu o seu desexo, pouco despois son atacados por 3 guerreiros estraños pero son salvados por Piccoro. Cando o Mestre Mutenroi e Bulma son secuestrados por estes guerreiros corre a contarlle todo a Goku.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]