Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piccoro (ピッコロ, Pikkoro?) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball. Como o seu pai (Piccoro Daimaō) xurdiu tras separarse de Kamisama, e se un dos dous morre, o outro tamén. Odia ó seu alter ego, aínda que é moito máis forte e menos malvado que o seu pai, en parte debido ó seu adestramento con Son Gohan. Ó final chega a converterse no Namekiano máis poderoso da historia, cun poder (en Dragon Ball GT) moi superior mesmo ó de Célula perfecto, e nun dos máis poderosos Guerreiros Z só por debaixo de Goku, Vexeta e de Oob aínda que no último capítulo pódese observar que aumentou o seu nivel a limites incribles dende a súa estancia no inferno, chegando a superar a moitos dos Guerreiros do espazo. É ademais o personaxe favorito do mesmo Toriyama.
Curiosidades [editar]
- Piccoro é o personaxe da serie con máis habilidades no seu haber; entre elas atópanse a de poder reconstruírse, alongar as extremidades a a pracer, crear cousas a partir da nada (como o traxe de Son Gohan ou un reloxo de area xigante), a súa gran intelixencia, poder ver todo o que sucede na Terra dende o Templo do Ceo, poder oír a unha gran distancia, facerse xigante, empregar a telepatía, voar, duplicarse, etc.
- Piccoro ten unha participación en Cross Epoch, historia dun solo capítulo debuxada por Akira Toriyama e Eiichirō Oda, onde aparecen tamén outros personaxes de One Piece e Dragon Ball e na que se revela a que se adica o dragón Shenron durante o ano posterior a conceder un desexo.
- Piccoro é o único camarada de Goku que chama a Goku polo seu apelido, Son (na versión xaponesa).
- A pesar do que poida semellar só é 4 anos maior que Son Gohan.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]