Rei Vexeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rei Vexeta (ベジータ王 Bejīta Ō?) é un personaxe ficticio de Dragon Ball. É o pai do príncipe Vexeta e Rei dos Guerreiros do espazo no Planeta Vexeta. El coidaba e adestraba ó seu fillo ata que llo encargou a Nappa para que o coidase. O Rei Vexeta só aparece no filme Estala o duelo e nas lembranzas do seu fillo durante a saga de Freezer. O Rei ó ver que o seu pobo corría perigo por que Freezer temía o xurdimento do lendario Super Saiyajin, enfróntase ó tirano xunto a outros guerreiros, pero Freezer era moito máis poderoso que el e derrótaos con facilidade.

O poder de pelexa do Rei Vexeta era de 11.000 unidades. Empregaba a armadura estándar do exército de Freezer co escudo da casa real saiyan sobre o corazón e unha capa vermella.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]