Superbatalla na Terra
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Superbatalla na Terra | |
|---|---|
| Título orixinal | Doragon Bōru Zetto: Chikyū Marugoto Chōkessen |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Daisuke Nishio |
| Produtor | Chiaki Imada Tamio Kojima |
| Guión | Takao Koyama |
| Baseado en | Dragon Ball de Akira Toriyama |
| Intérpretes | |
| Música | Shunsuke Kikuchi |
| Fotografía | |
| Montaxe | |
| Estudio | |
| Distribuidor | Toei Animation |
| Ano | 1990 |
| Duración | 60 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación |
| Orzamento | |
| Filme anterior | O máis forte do mundo |
| Filme seguinte | Son Goku superguerreiro |
| Ficha en IMDb | |
Superbatalla na Terra (ドラゴンボールZ この世で一番強いヤツ Doragon Bōru Zetto: Chikyū Marugoto Chōkessen?) é un filme de animación xaponesa dirixido por Daisuke Nishio que foi estreado en 1990. Sexto filme baseada no manga e anime Dragon Ball creado por Akira Toriyama e terceiro da etapa Dragon Ball Z.
Índice |
Argumento [editar]
Oolong, Son Gohan, Bulma e Krilín gozan dunha acampada, ata que unha nave espacial aterra perigosamente no bosque onde estaban e ocasiona un incendio. Por sorte Krilín e Son Gohan conseguen apagalo incendio. Aquí Son Gohan coñece á súa mascota preferida, o dragón voador, a quen salvou da catástrofe que ameazaba o bosque onde vivía. Deciden reunir as Bólas do Dragón para restaurar o bosque por completo. De volta a casa, Chichi non está satisfeita con Gohan, pois quere que continúe cos seus estudos e estea menos tempo cos amigos de Goku.
Daquela nave espacial saen Turles, un dos guerreiros do espazo que sobreviviu á destrución que Freezer ocasionou ó Planeta Vexeta; moi semellante a Goku, conta cunhas curiosas forzas especiais: Rakasei, Cacao, Lesn, Amond e Daizu. Turles sabe que Goku está na Terra grazas ó seu rastrexador e fai medrar unha semente do Árbore do zume sagrado (神精樹 Shinseiju?), que segundo os seus propósitos absorberá a enerxía da Terra. Ademais, o froito da árbore aumenta a enerxía de quen se alimente del. Kaiō do norte avisa a Goku da aparición deste saiyan, así Son Goku, Son Gohan, Krilín, Piccoro, Yamcha, Ten Shin Han e Chaoz derrotan ós secuaces de Turles non sen certas dificultades.
Tras unha difícil batalla, Goku destrúe a Turles e á árbore cunha Genkidama e a Terra recupera toda a súa enerxía.
Personaxes [editar]
- Son Goku
- Son Gohan
- Piccoro
- Bulma
- Krilín
- Oolong
- Yamcha
- Puar
- Chichi
- Kaiō do norte
- Ten Shin Han
- Chaoz
- Mestre Mutenroi
- Shenron
Personaxes exclusivos do filme [editar]
Turles [editar]
- Artigo principal: Turles.
É un membro dos Guerreiros do espazo que traballa pola súa conta conquistando planetas. Ten unha aparencia case igual á de Goku pero cunha pel máis escura. Isto débese, segundo explica el mesmo, a que ambos son guerreiros de clase baixa, os cales contan con poucos fenotipos. En cada planeta que conquistaba plantaba unha semente da devandita árbore, e ó comer o seu froito o seu poder de pelexa foi aumentando notablemente.
O seu nome é un anagrama da palabra en inglés para leituga, Lettuce (レタス Letasu?).
Amond [editar]
Amond (アモンド Amondo?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, parece un humano alto e moi musculoso pero con pel de cor laranxa, ten cabelo cor viño. Pelexa e vence a Krilín pero logo é vencido por Goku. O seu nome é unha deformación da palabra en inglés para Améndoa, Almond (アーモンド Āmondo?).
Daizu [editar]
Daizu (ダイーズ Daīzu?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, ten a aparencia dun humano musculoso, ten o cabelo azul amarrado nunha cola de cabalo. Pelexa dúas veces contra Goku, quen o vence ambas. O seu nome é unha deformación da palabra en xaponés para Soia, Daizu (大豆?).
Cacao [editar]
Cacao (カカオ Kakao?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, é un Cyborg, o seu corpo é de cor rosa cunha armadura prateada. Pelexa e vence a Yamcha pero logo é vencido por Goku. O seu nome provén de Cacao.
Lesn & Rakasei [editar]
Lesn (レズン Lezun?) e Rakasei (ラカセイ?) son dous alieníxenas baixo o mando de Turles, son dous xemelgos pequenos que poden xuntarse nun só corpo, parécense a Gurd pero sen ollos extra. Pelexan e vencen a Ten Shin Han e Chaoz pero logo son vencidos por Goku. O nome de Lesn é un anagrama da palabra en inglés para lentella, Lens (レンズ豆 Lenzu?), o de seu xemelgo é unha deformación da palabra en xaponés para maní, Rakkasei (落花生?).
Música [editar]
Tema de apertura CHA-LA HEAD-CHA-LA - Hironobu Kageyama
Tema de peche "Marugoto" (まるごと?) - Hironobu Kageyama e Ammy
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)