Namek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O Planeta Namek (ナメック星 Namekkusei, Planeta Namekusei?) é un planeta ficticio da serie de manga e anime Dragon Ball. O seu nome provén da palabra xaponesa para Lesma (ナメクジNamekuji?). Ten a aparencia dun planeta terrestre, cuberto na súa maior parte por auga.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 261 da Cronoloxía de Dragon Ball, o planeta sufriu bruscos cambios climáticos, o que provocou que Katattsu enviase ó seu fillo á Terra; alí converteuse, no ano 431, en discípulo do Deus da Terra, posto ó que accedería 30 anos máis tarde tras separar o seu corpo en 2 partes: Kamisama e Piccoro Daimaō.

O planeta foise recuperando pouco a pouco, e logrou acadar os 100 habitantes no ano 762; dito ano, Freezer e Vexeta deciden atacar cada un pola súa conta o planeta, co fin de reunir as Bólas do Dragón e pedir a inmortalidade. Entre os dous lograron o exterminio completo de tódolos habitantes e a destrución do planeta Namek, aínda que logo resucitan e son trasladados á Terra grazas a Shenron. Dende alí buscaron un novo planeta onde vivir, chamado Novo Namek.

Habitantes[editar | editar a fonte]

O planeta está habitado principalmente por seres humanoides e intelixentes de cor verde, sen cabelo e con dúas antenas na fronte. Son máis lonxevos que os humanos. A súa aparencia foi deseñada por Akira Toriyama a partir de Lesmas e caracois, o cal se ve reflectido nalgúns dos seus nomes. Para alimentarse, unicamente necesitan beber auga. Reprodúcense asexualmente, por medio de ovos que expulsan da súa boca; aínda que a súa cultura establece que o encargado de facer isto é o Saichōrō (Gran Gurú), tódolos pertencentes ó clan dragón teñen esta habilidade.

Organización[editar | editar a fonte]

Os habitantes na serie están divididos en seis aldeas, cada unha é liderada por un Chōrō, estes á súa vez son liderados polo Saichōrō que vive nunha rexión inhóspita co seu gardián Nail.

  • Guerreiros (戦士タイプ Senshi Taipu?): son o menor porcentaxe da poboación. Teñen suficiente poder para enfrontarse a un guerreiro do espazo normal. Os seus principais exemplos serían Nail e Piccoro.
  • Clan Dragón (龍族タイプ Ryūzoku Taipu?): son a maior parte da poboación. Poden crear Bólas do Dragón, aínda que no planeta Namek esa responsabilidade recae sobre o Saichōrō.
  • Clan Demo (魔族 Mazoku?): son os Namekianos que creou Piccoro Daimaō, que foron corrompidos polo mal.
  • Chōrō: os 6 líderes das aldeas, están encargados de coidar seis das Bólas do Dragón e entregarllas a alguén digno de pedir un desexo; a sétima Dragon Ball tena o Saichōrō.
  • Saichōrō ou Gran Gurú: é o líder dos Namekianos, que segundo a súa cultura é o único que pode reproducirse.

Outras formas de vida do planeta[editar | editar a fonte]

Aparte desta raza, outras formas de fauna coñecidas do planeta son os sapos con dúas antenas similares ás dos namekianos; baleas xigantes, e aves voadoras. E como flora amósanse unicamente un tipo de herba curta que cobre a maioría da superficie do planeta e unhas árbores cun único talo alto e unha esfera de follaxe espeso na punta.

Na serie de anime aparecen dinosauros similares ós que habitan a Terra e falan dunha flor que se atopa en perigo de extinción por mor do desastre climatolóxico que sufriu o planeta fai anos. Os habitantes de Namek cultivábanas de novo co fin de facer o seu planeta fermoso como outrora.

Personaxes importantes[editar | editar a fonte]

Residentes na Terra[editar | editar a fonte]

Dende[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dende.

Kamisama[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Kamisama.

Piccoro[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Piccoro.

Habitantes de Namek[editar | editar a fonte]

Cargo[editar | editar a fonte]

Cargo (カルゴ Karugo?) era o irmán de Dende, morreu durante o ataque de Freezer a Namek. Suponse que reviviu despois coas Bólas do Dragón de Namek. O seu nome provén dunha deformación da palabra caracol en francés (Escargot).

Katattsu[editar | editar a fonte]

Katattsu (カタッツ?) é o pai do Piccoro orixinal. Non aparece en ningún momento durante a serie. Só sabemos que, ante as graves catástrofes climatolóxicas que sufría o planeta Namek, enviou ó seu fillo nunha nave espacial ó planeta Terra, coa promesa de reunirse con el máis tarde. Porén, nunca o fixo. O seu fillo separouse en dúas partes: Kamisama e Piccoro Daimaō. Morreu xunto ó resto de namekianos (salvo un, que se converteu no pai de tódolos namekianos da seguinte xeración).

O seu nome provén dunha deformación da palabra caracol (カタツムリ Katatsumuri?) en xaponés.

Saichōrō[editar | editar a fonte]

É o gran líder do planeta Namek, tamén coñecido como o Gran Gurú encargado das Bólas do Dragón e da repoboación do planeta. Axudou durante moito tempo a Son Gohan, Krilín e ós demais; espertou os poderes adormecidos de Son Gohan e Krilín. O seu gardián era Nail, o cal fusiónase con Piccoro. Morre de vello durante a saga de Freezer.

Moori[editar | editar a fonte]

Moori (ムーリ Mūri?) era un dos 6 Chōrō que coidaban as Bólas do Dragón de Namek, a súa aldea foi atacada por Freezer na súa busca das bólas. Foi asasinado por Dodorian e posteriormente revivido e trasladado á Terra xunto ós seus conxéneres.

O seu nome provén dunha deformación da palabra caracol (カタツムリ Katatsumuri?) en xaponés.

Tsūno[editar | editar a fonte]

Tsūno (ツーノ?) era un dos 6 Chōrō que coidaban as Bólas do Dragón de Namek, a súa aldea foi atacada por Vexeta na súa busca.

O seu nome ven dunha canción xaponesa para nenos O corno do caracol (カタツムリの角 Katatsumuri no Tsuno?).

Nail[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nail.

Nail (ネイル Neiru?) é o Conselleiro do Gran Gurú, un dos poucos namekianos da estirpe guerreira que quedaba no planeta.

Novo Namek[editar | editar a fonte]

Este planeta tivo certa importancia na historia, xa que dende ese lugar se devolveu a vida a tódolos habitantes da Terra, requisito imprescindible para que Son Goku lanzase a súa Bóla Genki a Majin Boo

Trala destrución do planeta Namek orixinal a mans de Freezer, os seus habitantes refuxiáronse na Terra á espera de que un desexo pedido ás bólas máxicas os trasladase a un novo mundo onde poder vivir. As súas características son moi semellantes ás do Namek orixinal.