O máis forte do mundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
O máis forte o mundo
Título orixinal Doragon Bōru Zetto: Kono Yo de Ichiban Tsuyoi Yatsu
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Daisuke Nishio
Produtor Chiaki Imada
Kōzō Morishita
Guión Takao Koyama
Baseado en Dragon Ball de Akira ToriyamaMotoaki Ikegami
Intérpretes
Música Shunsuke Kikuchi
Fotografía Motoaki Ikegami
Montaxe Shinichi Fukumitsu
Estudio Toei Animation
Distribuidor Toei Company
Ano 1990
Duración 59 minutos
País Flag of Japan.svg Xapón
Xénero Animación
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior A ameaza da zona escura
Filme seguinte Superbatalla na Terra
Ficha en IMDb

O máis forte do mundo (ドラゴンボールZ この世で一番強いヤツ Doragon Bōru Zetto: Kono Yo de Ichiban Tsuyoi Yatsu?) é un filme de animación xaponés dirixido por Daisuke Nishio que foi estreado en 1990. Quinto filme baseado no anime e manga Dragon Ball creado por Akira Toriyama e segundo da etapa Dragon Ball Z.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia comeza co doutor Willow, quen é revivido polo doutor Cochin (o seu compañeiro) coa axuda das Bólas do Dragón, debido a que o primeiro se atopaba preso no xeo das montañas Tsumisumbri. Dende facía varios anos o cerebro do doutor sobrevivía nun corpo robótico, e unha vez ceibo, decidiu roubar o corpo do home máis forte do mundo, pero debido a estar todos estes anos pechado no xeo, el seguía pensando que este era o Mestre Mutenroi. Son Goku e os seus amigos van ó laboratorio dos doutores co obxectivo de salvar ó Mestre Mutenroi, e ó chegar terase que enfrontar contra os robots máis poderosos creados polas ambiciosas mentes dos científicos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxes exclusivos do filme[editar | editar a fonte]

Os nomes dos personaxes deste filme están baseados en comidas ou obxectos relacionados con Nagoya

Biomen[editar | editar a fonte]

Os Biomen (バイオマン Baioman?) son un grupo de guerreiros creados polo Doutor Cochin e o Doutor Uirō. Son moi semellantes fisicamente ós Saibaimen e ó igual que estes son empregados como soldados prescindibles.

Doutor Uirō[editar | editar a fonte]

Seiyū: Kōji Yada.

O Doutor Uirō (~ウイロー?), Doutor Willow na tradución ó galego, era un brillante doutor, pero debido ós seus experimentos era considerado como un científico tolo. Para evitala morte decidiu trasladar o seu cerebro a un corpo mecánico. Ó inicio do filme foi revivido polo Doutor Cochin xa que levaba 50 anos enterrado baixo o xeo, ó regresar á vida decide tomar o corpo do home máis forte do mundo, pero é detido por Goku e os seus amigos. Morre por unha Genkidama lanzada por Goku. O seu nome provén dun prato xaponés, Uirō (外郎?).

Doutor Cochin[editar | editar a fonte]

Seiyū: Kōji Nakata.

O Doutor Cochin (Dr.コーチン ~Kōchin?) era o asistente do Doutor Willow, foi quen o reviviu empregando as Bólas máxicas. Aínda que ten a aparencia dun ancián é en realidade un androide, a súa man pódese transformar nunha arma de fogo e o seu bastón dispara raios de enerxía. O seu nome provén dunha raza de galiña xaponesa, Nagoya Cochin (名古屋コーチン Nagoya Kōchin?).

Ebi Fryer[editar | editar a fonte]

Seiyū: Ken Yamaguchi.

Ebi Fryer (エビフリャー Ebi Furyā?) es una de las creaciones del Dr. Cochin, es un guerrero musculoso de piel rosa con cabello rojo, tiene la habilidad de emitir un viento congelante. Su nombre proviene de un platillo japonés, Ebi Fry (海老フライ Ebi Furai?)

Kishīme[editar | editar a fonte]

Seiyū: Yukimasa Kishino.

Kishīme (キシーメ ?) é unha das creacións do Doutor Cochin, é un guerreiro cor verde con pecas vermellas, ten placas nas costas como as dun Stegosaurus, a súa habilidade é de empregar cargas de electricidade a través dunhas mangueiras que saen dos seus brazos. O seu nome provén dun prato xaponés, Kishimen (棊子麺?)

Miso Kattsun[editar | editar a fonte]

Seiyū: Daisuke Ghori.

Miso Kattsun (ミソカッツン?) é unha das creacións do Doutor Cochin, é un enorme guerreiro amarelo e elástico parecido a Buyon. Tamén ten certo parecido con Dodorian. O seu nome provén dun prato xaponés, Miso Katsu (味噌カツ?)

Música[editar | editar a fonte]

Tema de apertura

  • "CHA-LA HEAD-CHA-LA" por Hironobu Kageyama

Canción intermedia

  • "Piccolo-san Da~isuki" (ピッコロさん だ~いすき?) por Masako Nozawa (Seiyū de Son Gohan)

Tema de peche

  • "I ku sa" (戦(I・KU・SA)?) por Hironobu Kageyama

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]