Shenron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Shenron (シェンロン, Shenron) é o dragón lendario das bólas máxicas que aparece no manga e anime Dragon Ball, creado por Akira Toriyama.

Segundo a lenda, quen sexa capaz de xuntar as sete Bólas do Dragón pode pedir un desexo ó dragón lendario Shenron. Este dragón é o que permitiu que volvesen á vida tódolos afectados polos inimigos de Goku e os seus amigos (Freezer, Célula, Majin Boo, etc.). Foi creado por Kamisama a partir dunha escultura modelada polo Señor Popo e, ten a aparencia dun dragón chinés de cor verde. Cumpre 12 desexos durante a serie.

A pesar do seu alto poder para conceder calquera desexo, Shenron ten limitacións, como por exemplo que non pode revivir persoas que xa morreron dúas veces. Outra destas limitacións é que Shenron non ten poder no máis aló, xa que o encargado deste lugar é Enma Daiō.

Despois de que Kamisama e Piccoro se unisen, Dende, modificounas para que Shenron puidese conceder dous desexos.

Este persoaxe foi tomado da mitoloxía chinesa, onde os dragóns son representados como unha serpe con gadoupas e cornos, sostendo unha perla en chamas (o que serían as bólas do dragón) que representa a sabedoría ou a chuvia, aínda que pode ser conectada tamén a través do sintoísmo, onde o espírito Inari ten unha xoia esférica que realiza desexos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]