Rexión de Poltava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da rexión de Poltava.

A rexión de Poltava (en ucraíno: Полтавська область, "Poltavska oblast") é unha rexión do centro de Ucraína. O centro administrativo da rexión é a cidade de Poltava. A superficie da rexión é de 28.748 km² e a poboación de 1.544.085 (2006). Etnicamente segundo o censo de 2001 o 91.4% da poboación é ucraína e o 7.2% rusa.