Conversa usuario:Fis-mulleres

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Fis-mulleres!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 6 de febreiro de 2020 ás 19:56 (UTC)[responder]

Traducións automáticas[editar a fonte]

Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. Banjo tell me 6 de febreiro de 2020 ás 19:56 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 6 de febreiro de 2020 ás 21:56 (UTC)[responder]

Ola, Fis.
Amañado o das referencias en "Agnes Pockels": [1]
Cando teñas tempo, bótalle un ollo ao libro de estilo.
Graciñas, un saúdo e a seguir! --. HombreDHojalata.conversa 9 de febreiro de 2020 ás 11:18 (UTC)[responder]

Suxestión de tradución[editar a fonte]

Ola, Fis-mulleres. Igual che apetece traducir ao galego a entrada de Alexandra Elbakyan. Tamén está en castelánAlexandra Elbakyan. Saúdos!Maria zaos (conversa) 16 de febreiro de 2020 ás 13:48 (UTC)[responder]

Por favor[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres

A velocidade e cantidade, sen unha calidade mínima, non serve de muito.

Por favor, antes de iniciar novas traducións automáticas, revisa a ortografía, as referencias e os demais aspectos das que xa levas feitas.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de marzo de 2020 ás 21:56 (UTC)[responder]

Ola.
Permíteme insistir. As traducións son defectuosas. Por exemplo, en "Dorotea Barnés González" fixen as seguintes correccións: [2]
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 25 de setembro de 2021 ás 21:12 (UTC)[responder]

Citar vídeos[editar a fonte]

Ola Fis.

En resposta a túa pregunta, para citar vídeos temos o Modelo:Cita audiovisual:

* {{Cita audiovisual |título = |apelidos = |nome= |data= |ano= |título-trad= |medio= |lingua= |url= |dataacceso= |url-arquivo= |dataarquivo= |formato= |tempo= |lugar= |editorial= |id= |isbn= |oclc= |cita= |ref= }}

Aproveito para comentarte que, para outra ocasión, a forma máis sinxela de contactar comigo é escribirme en Conversa usuario:HombreDHojalata (a non ser que sexa unha cousa only for my eyes). Tes máis información sobre iso en: Axuda:Como contactar con outros usuarios.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2020 ás 19:10 (UTC)[responder]

Modelo traducido de[editar a fonte]

Ola! En vista de que fas traducións de artigos, quería indicarche unha cousiña. Fas moi ben no inicio do traballo o de mencionar a procedencia dos contidos no campo resumo. Así cúmprese coas licenzas en wikipedia. O tema é que na Galipedia levabamos conta das estatísticas de tradución. E facémolo engadindo o modelo traducido de na páxina de conversa do artigo correspondente. Déixoche aquí unha moi boa e detallada explicación que me dera Usuario:MAGHOI no seu día. Maria zaos (conversa) 21 de marzo de 2020 ás 21:25 (UTC)[responder]

datos falsos que circulan sobre Chen Wei[editar a fonte]

Penso que pode ser do teu de interese: ver.--Maria zaos (conversa) 24 de marzo de 2020 ás 15:50 (UTC)[responder]

Recomendación[editar a fonte]

Ola, boa noite. Escríboche porque vexo que tes bastantes entradas recén creadas e en uso a un tempo. Se polo que sexa precisas ter controlada unha cantidade grande de novas entradas, o mellor é que fagas/movas as traducións/novas entradas á unha subpáxina de usuaria, como fixen eu aquí e cando as remates as movas ao espazo principal. Falo por propia experiencia, é moi fácil esquecerse de artigos que tes en uso se comezas a coleccionar, mentres que as subpáxinas son máis fáciles de localizar Usuaria:Teu_nome/título do artigo na caixiña de busca, por exemplo. Se tes dúbidas para crear o mover a subpáxina, podes consultarmas.
Por outra banda veño de ver que tes algunhas biografías que fixeches anteriormente ás que lle faltan aínda cousas por corrixir: ou non teñen o traducido de na conversa, ou lle faltan ligazóns internas, etc. A min axudoume moito dar volta nos meus pasos e revisar o historial das entradas que fixera para ir anotando todas as eivas e os errores que ía cometendo e que foran revisados por outros editores na Wikipedia. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 9 de abril de 2020 ás 20:31 (UTC)[responder]

Boas Fis-mulleres, vin a túa edición no modelo científico, e teño que comentarche que as modificacións nos modelos teñen que facerse con moito tino e sabendo bastante o que se está facendo. Isto é porque os cambios que se fan neles afectan a todos os artigos que os utilizan, e se engadimos algún erro no modelo, aparecerá en todos eses artigos. Poden facerse probas dos modelos nas súas zonas de proba e se non dan erros logo poden copiarse no modelo orixinal.

Se o que querías era que se puidera usar o modelo científica, non hai que facer nada, tan só hai que chamalo con ese nome. Puxen un exemplo de como facelo na axuda do modelo, se tes calquera dúbida podes contactar comigo :). Saúdos,--Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2020 ás 20:59 (UTC)[responder]

Debate na taberna[editar a fonte]

Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:43 (UTC)[responder]

Estadística de Maxwell-Boltzmann[editar a fonte]

Ola! Esta páxina foi unha tradución non revisada do castelán e actualmente está marcada par borrado. Non é un texto moi longo e é unha mágoa ter que borrala...Poderías revisar esta entrada se tes tempo? Estadística de Maxwell-Boltzmann. Se non podes non pasa nada, graciñas!.--Maria zaos (conversa) 1 de xuño de 2020 ás 20:44 (UTC)[responder]

Ola, paso contestarche as dúbidas sobre o título desta tradución. En primeiro lugar indicarche onde podes consultar as convencións que ten establecidas a Galipedia para o título dos artigos, que están nestas políticas:Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. É claro que o artigo vén dunha tradución, pero iso non impediría calquera adaptación lingüística necesaria tanto no corpo do artigo como no título, para axustala ao uso normalizado de determinados termos en galego, por exemplo.
Dito isto, na miña humilde opinión, e logo de bucear un pouco na Web of Science e polas métricas alternativas consultables no propio artigo, non teño a impresión de que "Jennifer and John effect" ou "John and Jennifer effect" ou as súas versións co "&" estea acuñado e sexa de uso na comunidade científica. Si hai un uso en blogs e outros medios en español, pero que non entrarían nesa categoría de literatura científica. En galego aínda non atopei ningún, polo que aproveito para darche as grazas pola creación do artigo na Galipedia.
Non teño tempo abondo para facer unha busca exhaustiva no corpo dos textos que citan este traballo (só en WOS sáenme 981 citas), pero persoalmente eu considero que: a) o termo "efecto etc." non semella estar acuñado b) as persoas que crearon este experimento non optaron por nomeado "efecto" na publicación e comunicación científica dos resultados deste experimento. Isto difire do que se viu co "efecto Matilda" se non estou errada (perdón, teño que rematar o repaso disto, non o rematei aínda). Por todo isto, polo momento eu titularíao "experimento Jennifer e John" en todo caso, que si o vin nalgúns casos, pero implicaría unha modificación no sentido do texto actual da entrada. O centro do artigo son os resultados do experimento, certo é, pero en principio creo que non é tarefa da Wikipedia acuñar un termo que non foi aínda acuñado pola comunidade científica. Esta é unha opinión persoal miña, polo que penso que podes escribir na taberna para que poidan participar outras persoas da Galipedia e expresar os seus puntos de vista sobre isto. Se escribir na Taberna é lioso podes escribir esa consulta na propia conversa do artigo, debaixo do cadriño de tradución. Para escribir unha sección nova debaixo usando código tes que poñer "== Nome da sección ==".
Dito isto, non te preocupes nin te estreses por cambialo. Sempre hai tempo de mover o título a un máis exacto e mesmo de volver a pensalo e cambialo de novo. Pero por se compartises/compartísedes a miña opinión ou por se xurde noutro momento a mésma dúbida déixoche os pasiños para mover títulos, que tamén podes consultar aquí.

  • Necesitas premer na lapela mover na barra de ferramentas
  • Na seguinte ventá, debes seleccionar caixa "Novo título:"(Principal)" e na outra escribir o novo título (cara onde o queres mover). Por defecto veñen marcadas dúas opcións: unha inclúe esta páxina na túa lista de vixilancia para que poidas consultar os cambios nela. (A lista de vixilancia está accesible no menú arriba á dereita, perto do teu nome de usuaria en pequeno). A outra é redirección, que o que fai é convertir un título "vello" nunha redirección. As redireccións facilitan a navegación das persoas que buscan na Galipedia, xa que poderían buscar por "Selección natural" ou "Selección Natural", por exemplo e chegar á mesma páxina. Neste caso concreto, se se decide mudalo, EU penso que significaría desbotar o vello como erróneo polas razóns que dixen arriba, e sería lóxico non facer redirección, pero como dixen é discutible. Tes máis información sobre as redireccións aquí.
  • Se non se vai conservar o vello como redirección debes volver a entrada vella en incluír {{lixo}} ou inserir modelo-->escoller lixo. Cada vez que teñas un erro no título (pode pasar que comas unha letra, un punto, cambie o criterio de maiúsculas etc) debes marcar a páxina do título vello para borrado. A tarefa de borrado faina unha persoa da administración.
  • Se tiveses calquera problema no proceso, como que non che deixe mover a páxina, podes indicalo no taboleiro dos administradores.

Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 1 de xullo de 2020 ás 18:37 (UTC)[responder]

O artigo da es.wiki do que traduciches fíxose aparentemente de 0. A denominación e a categoría na que se inscribe non a atopei aquí[1], nin na (ANECA). Porén, si aparece na USC [2], como materia universitaria, e como subtema de mestrado na UVIGO[3] Estes artigos ben pode ser usados como bibliografía para o artigo e para fundamentar a escolla de título:[4][5][6] e xa nos que aparecen en es.wiki[7] [8] Eu mantería o título actual, pero creo que debería ir en maiúsculas. Quizais @Atobar: ou @Estevoaei: poidan confimalo, que teñen máis coñecementos lingüísticos ca min.

Referencias

  1. "Estructura de áreas y paneles científico técnicos de la Agencia Estatal de Investigación - Ministerio de Ciencia e Innovación (es)". www.ciencia.gob.es. Consultado o 2020-07-01. 
  2. "1.1 Liñas de investigación: Denominación: Ciencia, tecnoloxía e xénero Nome do profesor: Universidade: Área: Dpto.: Inma" (PDF). webcache.googleusercontent.com. Consultado o 2020-07-01. 
  3. "Guia docente 2019_20 Facultade de Ciencias da Educación". webcache.googleusercontent.com. Consultado o 2020-07-01. 
  4. "Artigos". Consultado o 2020-07-01. 
  5. Gómez, A (2006). "Los estudios de ciencia, tecnología y género" (PDF). Clepsydra (5): 11–17. 
  6. Espínola, Artemisa Flores. "¿Los estudios CTS tienen un sexo? Mujeres y género en la investigación académica". Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología y Sociedad - CTS (en castelán) 11 (31): 61–92. 
  7. "Ciencia, Tecnología y Género - Marta I. González García y Eulalia Pérez Sedeño". www.oei.es. Consultado o 2020-07-01. 
  8. e González García, Marta I., J.A. López Cerezo y J.L. Luján López (1996), Ciencia, tecnología y sociedad: una introducción al estudio social de la ciencia y la tecnología, Ed. Tecnos, Madrid.

Un saúdo.-Maria zaos (conversa) 1 de xullo de 2020 ás 19:15 (UTC)[responder]

  • Ola, Maria zaos. Coido que existe bibliografía nun e noutro sentido. Hoxe non teño comigo as obras de consulta en papel, pero achego unha fonte da rede (Libro de estilo do SNL da USC) para un dos casos: No ámbito do ensino escríbense con maiúsculas os nomes das materias específicas e das disciplinas, das cátedras, dos departamentos e das áreas de coñecemento. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 3 de xullo de 2020 ás 08:57 (UTC)[responder]
O mesmo aquí. --Atobar (conversa comigo) 3 de xullo de 2020 ás 08:59 (UTC)[responder]

"En uso"[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres.

Retirei o modelo {{En uso}} de varios artigos nos que o incluíras, por levar todos eles máis dun mes sen edición ningunha.

Revísaos, por favor, por se queres engadir ou modificar algunha cousa.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 20 de setembro de 2020 ás 09:28 (UTC)[responder]

Timnit Gebru[editar a fonte]

Síntoo, non reparei non aviso de "en uso". --Chairego apc (conversa) 5 de decembro de 2020 ás 11:03 (UTC)[responder]

Cousas de interese (titoriais)[editar a fonte]

Ola! Deixoche por acó o vídeo de creación de conta

creación de conta


Tamén a axuda do rexistro, a ligazón á visita guiada do editor visual e o wikitexto, a páxina completa de axuda do editor visual e o modelo de proxecto escolar está acó Tamén existe o modelo de proxecto pedagóxico. Para inserir modelos co editor visual hai que ir a inserir> modelo e logo comezar a teclear o nome. O que aparecza como nome/uso non é o que se debe inserir. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 4 de marzo de 2021 ás 18:38 (UTC)[responder]

Sandra Myrna Díaz[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres. Estaba a formatear este artigo e ao gardalo apareceume que había conflito de edición porque ti xa editaras algo e tiñas o marcdor enuso. Gardei e procurei manter as achegas dos dous. Deixo o artigo e espero non ter estragado nada. Se fose así, pidoche desculpas. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 12 de marzo de 2021 ás 12:05 (UTC)[responder]

Galina Balashova[editar a fonte]

Perdoa, non vin que tiñas o marcador de en uso e fixen un par de cambios. --AMPERIO (conversa) 8 de abril de 2021 ás 18:45 (UTC)[responder]

Ynes Mexia[editar a fonte]

Ola, Fis-Mulleres. Perdoa pero metinme no artigo de Ynes Mexia sen me decatar de que tiña a maca de "enuso". Espero non ter estragado nada. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 8 de maio de 2021 ás 09:23 (UTC)[responder]

Facer tamén as redireccións[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! . HombreDHojalata.conversa 18 de xuño de 2021 ás 21:21 (UTC)[responder]

Cuento de buenas noches...[editar a fonte]

Bo día, entrei nesa páxina porque me apareceu ligada a unha páxina que fixera eu e fixen dous engadidos e logo vin que seguramente aínda estabas traballando nela. Desculpa se interferín no teu traballo. Podes poñerlle <nowiki>{{en uso}}</en uso> se estás cunha páxina para evitar interferencias. Un saúdo. Lles (conversa) 3 de setembro de 2021 ás 07:28 (UTC)[responder]

Zenobia Camprubí[editar a fonte]

Ola, Ola, Fis-Mulleres. O artigo no que estás a traballar de "Zenobia Camprubí", penso que lle sobra o til no nome do título. Cando remates, quizais habería que move-la páxina, non cres? Un saúdo. MAGHOI (conversa) 3 de setembro de 2021 ás 14:31 (UTC)[responder]

Code Girls[editar a fonte]

Ola Fis.

Poderías revisar a tradución de "Code Girls"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 28 de novembro de 2021 ás 10:29 (UTC)[responder]

Nesgo algorítmico[editar a fonte]

Ola, boas tardes. Estiven mirando o artigo que estás a traducir sobre o Nesgo algorítmico. Cústame traballo entender o que di pero se trata dunha limitación miña. O que si observei é que aínda che falta puír certas cousas, como estas:

  • O algoritmo #predicir canto custará o sistema de atención médica no futuro. Fíxate na almohadilla
  • En 2017 un algoritmo de Facebook deseñado para eliminar o discurso de odio en liña en favor dos homes brancos fronte aos negros á hora de xulgar de maneira obxectiva o contido, segundo documentos internos de Facebook. Boto en falta o verbo.
  • ...daría lugar a un bloqueo, debido a que brancos e homes non son considerados unha subcategoría.66​ ". Supoño que ese 66 era a numeración da nota no orixinal.
  • En testemuño #ante o Congreso dos Estados Unidos.... Outra almohadilla.
  • Nun artigo de 1998 que describe a Google, demostrouse.... ¿describe o funcionamento de Google? ¿a actividade de Google?
  • Finalmente, sinalou que as máquinas tamén poderían transmitir boa información con consecuencias imprevistas se os usuarios non teñen claro como interpretar os resultados.19​:65 . ¿19:65?
  • que omite os voos de compañías que non se patrocinan igual que o resto.16 ¿Nota 16 no orixinal?
  • aumenta os resultados de procura de páxinas para un candidato rival.[26]45. ¿A nota 45 pasou a ser agora 26?

Espero que non che pareza mal estas observacións pero o caso é que son moi tocapelotas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 9 de decembro de 2021 ás 19:43 (UTC)[responder]

Women's Engineering Society[editar a fonte]

Boas Fis-mulleres! Escríboche porque o artigo Women's Engineering Society, ten o marcador "en uso" dende hai más dun mes, por se te esqueceras de que o tiñas marcado. Un saúdo! Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2022 ás 22:30 (UTC)[responder]

Grazas, saúdos Fis-mulleres (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 07:08 (UTC)[responder]

Categoría[editar a fonte]

Boas Fis-mulleres. Respóndoche por aquí que é máis fácil para min responderche. Para crear unha categoría o único que tes que facer é crear sempre a páxina coa palabra "categoría" diante e dous puntos despois. As categorías inclúense ao final dos artigos nos cales as queres usar. Agora a "Categoría:Enxeñeiros do Uruguai" está baleira. En que artigo a queres usar? Despois, para conectar a categoría que acabas de crear con Wikidata, tes que ir á parte inferior esquerda onde di engadir ligazón noutras linguas. Aparecerache unha pantalla na que tes que poñer o código de lingua dunha categoría que saibas que está en Wikidata, como o inglés (en) ou o castelán (es) por exemplo, e despois o texto nesa lingua, como por exemplo "Category:Uruguayan engineers". Despois confirmas e listo. Espero terche axudado, un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 15 de marzo de 2022 ás 16:01 (UTC)[responder]

Sí, moitas grazas. saúdos cordiais Fis-mulleres (conversa) 15 de marzo de 2022 ás 16:03 (UTC)[responder]

Isabella Bird[editar a fonte]

Ola Fis- Mulleres. A tradución de Isabella Bird ten diversos problemas. Corrixín algunha das referencias, pero están na súa maioría incompletas, faltándolle a moitas o campo obligatorio título. Ademais revisando o texto hai partes que resultan confusas. Poderías revisala, por favor?

A maiores indicarche dúas cousas:

  1. Citas textuais dentro do texto: é recomendado incluír o texto na lingua orixinal da obra (con independencia do que fixesen na wiki de procedencia) cando facemos unha tradución dunha cita textual (ao galego) que vai aparecer destacada dentro do texto. O texto na lingua orixinal poríase en notas (ou encarado a dúas columnas no corpo do texto) e o texto traducido ao galego no corpo do texto. Como falamos de citas textuais literais a fonte de referencia debecitarse da forma máis completa posible, indicando a páxina concreta no que aparece, por exemplo.
  2. Por favor, lémbrate de incluír o marcador de traducido na páxina de conversa para facilitar o reconto das biografías de mulleres traducidas nesta wikipedia. Teño unha lista de biografías traducidas creadas por ti que non o levan (que vou corrixindo ós poucos), polo que sería bo que recuperaras a inclusión deste modelo traducido de ás túas prácticas de edición habitual. Moitas grazas!

Maria zaos (conversa) 1 de xullo de 2022 ás 21:58 (UTC)[responder]

Riane Eisler[editar a fonte]

Ola, Fis-mulleres. No artigo de Riane Eisler deixei as obras en inglés (por orixinais) e eliminei as traducións ao español, porque están ben na wiki española, pero como non hai tradución en galego, non ten sentido que estean aquí, como tampouco en francés ou catalán. Máis nada. Grazas polo traballo que realizas. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 22 de xullo de 2022 ás 17:25 (UTC)[responder]

Lorena Fernández Álvarez[editar a fonte]

Ola, @Fis-mulleres! Hai unha semana propuxen o artigo Lorena Fernández Álvarez para o proxecto de tradución semanal organizado por Meta-Wiki. Por iso quería pedirche se podías votar por el aquí: así máis Wikipedias traducirano e o traballo feito terá máis alcance. Amais, se queres valorar o resto de propostas, tamén podes facelo sen problema ningún. Grazas por todo! --Brunnaiz (conversa) 12 de setembro de 2022 ás 15:05 (UTC)[responder]

Os meses en galego[editar a fonte]

Ola Fis.

En "Carolyn R. Bertozzi" etc. Poderías poñer os nomes dos meses en galego (enero*, febrero*, mayo*, junio*, julio*, octubre*)?

Ou, se o prefires, en formato numérico (p. ex. 27/2/2007).

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 7 de outubro de 2022 ás 07:38 (UTC)[responder]

Pilar Valero[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres.

Podo facerche unha suxestión para un artigo?: "Pilar Valero" (d:Q3904958), historia baloncestista vinculada a Galicia, tristemente finada hai uns días.

Sen compromiso. Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de novembro de 2022 ás 11:15 (UTC)[responder]

Tamara Pazos Cordal[editar a fonte]

Ola!!

Pensei que igual che apetecía crear o artigo, e o elemento correspondente en Wikidata, de Tamara Pazos Cordal, bióloga e divulgadora coruñesa. Sen compromiso, claro! Xa me contarás :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de novembro de 2022 ás 23:10 (UTC)[responder]

Reducción de brecha de género "multilingüe"[editar a fonte]

Hola!

Estevoaei me ha dicho que contacte contigo. Desde WMES llevamos un par de años promoviendo la edición multilingüe en editatonas y actividades para reducir la brecha de género en Wikipedia.

Te comparto la última editatona que hemos hecho este año por si te apetece traducir alguna bio.

Nos encantaría poder colaborar más estrechamente en 2023 con los distintos grupos y personas que tienen como propósito reducir la brecha de género, para lograr que cuando creamos una bio, en cualquier idioma, pueda estar también en otras lenguas, al menos, las cooficiales del Estado y en otras internacionales que se animen.

Saludos cordiales y deseo que 2023 esté lleno de salud y proyectos ilusionantes!

Mentxuwiki (conversa) 24 de decembro de 2022 ás 13:11 (UTC)[responder]

Eva Acosta Plaza[editar a fonte]

Ola, Fis-mulleres! Como vai todo?

Teño outra suxestión. Buscando información sobre outra muller que se chama igual, dei co perfil de Eva Acosta Plaza (d:Q57551034). Anímaste a facerlle o artigo? Igual ca noutras ocasións, sen compromiso ningún, abofé :) Saúdos! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de marzo de 2023 ás 07:42 (UTC)[responder]

WikiHelga en gl.wiki[editar a fonte]

Hola, por si te apetece colaborar y/o compartir con las compañersas de gl.wiki

Desde WMES realizamos un taller + editatona en el Museo de Arte Contemporáneo Helga de Alvear. Las 30 primeras las mejoramos con más referencias y datos, por si las queréis traducir!

Contabilizaremos como resultado de la actividad las que tengamos el 5 de junio.

Saludos!! Mentxuwiki (conversa) 28 de maio de 2023 ás 15:59 (UTC)[responder]

Fina Erna Hamburger[editar a fonte]

Ola Fis-mulleres.

Por favor, podes darlle un repaso ao formato das referencias en "Erna Hamburger"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xuño de 2023 ás 18:15 (UTC)[responder]

Graciñas...[editar a fonte]

... por tomar parte en la editatona sobre artistas contemporáneas del Museo Helga de Alvear! Saúdos!! Mentxuwiki (conversa) 12 de xuño de 2023 ás 21:29 (UTC)[responder]

Definición para o Galizionario[editar a fonte]

Seguro que tes as ideas máis claras ca min. Pensando en crear estas entradas no Galizionario, ¿poderías darme una definición breve -unha ou dúas liñas- de Violencia de xénero e Violencia intrafamiliar? ¿Hai máis conceptos que funcionen como sinónimos ou termos relacionados? Moitas grazas e un saúdo. Pedro Lameiro (conversa) 16 de xuño de 2023 ás 22:06 (UTC)[responder]

José Iglesias Fernández Dopazo[editar a fonte]

Boas, o artigo José Iglesias Fernández Dopazo, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 30 de agosto de 2023 ás 16:41 (UTC)[responder]

Premio Shaw[editar a fonte]

Boas, o artigo Premio Shaw, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2024 ás 11:46 (UTC)[responder]