Chen Wei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChen Wei

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Lanxi, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro da Asemblea Popular Nacional
2018 –
Membro da Asemblea Popular Nacional

Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Tsinghua - Mestrado
Universidade de Chequião (pt) Traducir - título de grao
Academy of Military Medical Sciences (pt) Traducir - Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBiomedicina
Ocupaciónepidemióloga , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarmajor-general (pt) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Chen Wei (en chinés: 陈薇), nada en Lanxi (China) en febreiro de 1966, é unha epidemióloga, investigadora e supervisora de doutoramento na Academia Militar de Ciencias Médicas.[1] É coñecida na China como a terminator do Ébola, xa que en 2014 desenvolveu a primeira vacina para combater o gromo dese virus en África Occidental.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chen asistiu á Universidade de Zhejiang, onde recibiu a súa licenciatura en 1988. Despois de completar a súa mestría na Universidade de Tsinghua, asistiu á Academia Militar de Ciencias Médicas, onde obtivo o seu grao de doutora en 1998. Converteuse en membro da facultade da academia despois da graduación.

Durante o gromo de síndrome respiratoria agudo grave (SARS) de 2003, desenvolveu un aerosol que permitiu que ao redor de 14.000 traballadores da saúde non contraesen o virus.[2]

O 10 de xullo de 2015, outorgóuselle o rango militar de xeneral maior (shaojiang) polo Presidente da Comisión Militar Central Xi Jinping.[3]

Foi delegada para o 12º Congreso Nacional do Pobo.[4] En xaneiro de 2018 converteuse en membro do 13º Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés.[5]

En marzo de 2020 anunciou que o seu equipo desenvolvera unha vacina contra o COVID-19.[2][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Xuvenil Sobresaínte Qiushi 2009
  • Fondo Nacional de Ciencia para Mozos Distinguidos 2010
  • Premio ao Progreso de Ciencia e Tecnoloxía da Fundación Ho Leung Ho Le, obtido o 25 de outubro de 2017
  • Membro da Academia Chinesa de Enxeñaría (CAE), o 22 de novembro de 2019.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Meet the major general on China’s coronavirus scientific front line". Consultado o 20 marzo 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Quién es la científica china Chen Wei, la “terminator del ébola” que desarrolló la vacuna que probarán contra el coronavirus". Consultado o 2020-03-18. 
  3. Universidade de Tsinghua, ed. (16 xullo 2015). "解放军总后勤部女博导陈薇晋升少将(图" (en chinés). Consultado o 23 xaneiro 2020. 
  4. "第十二届全国人民代表大会代表名单" (en chinés). 27 febreiro 2013. Consultado o 23 xaneiro 2020. 
  5. "中国人民政治协商会议第十三届全国委员会常务委员名单" (en chinés). 14 marzo 2018. Consultado o 23 xaneiro 2020. 
  6. "La excepcional historia de la doctora china que ha encontrado la posible vacuna contra el Covid-19". Consultado o 20 de marzo de 2020. 
  7. "中国工程院2019年院士增选结果" (en chinés). 22 novembro 2019. Consultado o 15 xaneiro 2020.